• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia explora novos sistemas para mellorar a trazabilidade dos produtos pesqueiros co proxecto Pescando 4.0

Galicia explora novos sistemas para mellorar a trazabilidade dos produtos pesqueiros co proxecto Pescando 4.0

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:25

O Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar, socio co Instituto de Investigacións Mariñas nesta acción que lidera a Cooperativa de Armadores de Vigo, organiza o 11 de outubro un taller sobre o potencial da dixitalización e o Blockchain neste eido

A data límite para inscribirse neste obradoiro é o 30 de setembro e pode facerse a través da web do organismo dependente da Consellería do Mar

Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería do Mar, acollerá o vindeiro 11 de outubro o taller Potencial da dixitalización e Blockchain para a trazabilidade, calidade e sostibilidade no sector pesqueiro, un evento que forma parte das actividades previstas no proxecto Pescando 4.0. Esta iniciativa está liderada pola Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI) e dela forman parte como socios o Cetmar e o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O obxectivo principal do proxecto, financiado polo plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos europeos Next Generation, é poñer en marcha un sistema seguro e fiable que garanta a veracidade e inalterabilidade da información asociada á trazabilidade, seguridade alimentaria e sustentabilidade dos produtos pesqueiros. Para este fin, desenvolverase e porase en marcha como piloto unha plataforma baseada en tecnoloxías 4.0, concretamente Blockchain e IoT, e validará o funcionamento desta solución en tres pesqueiras, desde a captura do produto ata a súa primeira venda.O encontro, que terá lugar na sede do Cetmar, abordará esta temática e constará dunha serie de relatorios sobre casos de uso de dixitalización e Blockchain no sector, aos que lle seguirá un taller participativo para identificar oportunidades, posibles barreiras e avances tecnolóxicos relevantes destas tecnoloxías. Ten un límite de 40 prazas e a data para inscribirse remata o 30 de setembro. Os interesados poden anotarse no seguinte enlace


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar