Anik Nandi, director do Centro Galego na India: "Elixir falar unha lingua é comprometerse con ela"

O 17 de Maio deste ano celebrouse por primeira vez o día das Letras Galegas na India, onde vén de botar a andar o primeiro Centro Galego de Asia

Anik Nandi é o director do primeiro Centro Galego en Asia
00:00
Cedida

Anik Nandi é o director do primeiro Centro Galego en Asia

Patricia Iglesias

Santiago - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Máis de mil persoas estudan galego nestes momentos en Centros esparexidos por todo o mundo: só en universidades, hai corenta nas que se imparten clases da nosa lingua e a cifra non parou de medrar dende que nos anos 40 arrancanban as "primeiras aulas" da man de galegos emigrados a Estados Unidos.

Alí onde o peso da colectividade galega segue a ser máis importante, nótase tamén na demanda de formación na lingua. Pero a carón de Bos Aires ou A Habana, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, cita tamén tamén universidades españolas que contan con un ou varios lectorados, como é o caso de "Barcelona, tamén hai en Salamanca, na Complutense de Madrid e son moi importante tamén por número de estudantes Oxford, La Sorbonne, as italianas, como Milán ou Roma..."  

Valentín García é o secretario xeral de Lingua
00:00
Xunta

Entrevista co secretario xeral da Lingua, Valentín García

Viñeron despois San Petersburgo, Brasil, India ou Mozambique. García  destaca que dende que empezou a medrar a rede de lugares onde se imparte galego polo mundo, todo foron pasos adiante e incremento de matrículas: hai entre 15 e 20 en cada centro de media nestes momentos. Ademáis de nacer a partir de convenios con universidades, en ocasións os centros veñen  do man a man con outras entidades como o Instituto Cervantes, co que a Xunta vén de poñer en marcha cursos de cultura e lingua galega en Nova York . As seguintes picas en Flandes serán posiblemente no espazo da lusofonía, en Angola ou Cabo Verde.

Confírmase a demanda que hai de coñecer a nosa lingua e a nosa cultura

Valentín García

Secretario Xeral da Lingua

Cartel conmemorativo dos 20 anos do Centro de Estudos Galegos na Universidade do Minho

Xunta 

Cartel conmemorativo dos 20 anos do Centro de Estudos Galegos na Universidade do Minho

Boa parte dos lectorados de galego están a cargo de  persoas que por razóns diversas se desprazaron desde Galicia, pero cada vez son máis os nativos daqueles lugares os que fan de ponte: "adquiren un nivel tal de coñecemento do galego que teñen competencias para poder ensinalo". García lembra o caso do profesor Anik Nandi, o sociolingüista que está á fronte do Centro Galego na Universidade de Woxen, na India.

un bengalí con morriña

García conta como anécdota que nunha ocasión, falando dende Escocia, Nandi lle referiu que sentía "morriña de Galicia". O investigador  réstalle trascendencia ao momento de debilidade: "é un sentimento universal", asegura.

Igual de cercano que a morriña, o descubrimento que agardaba ao profesor Anik Nandi na súa primeira viaxe a Galicia en 2007, concretamente a Ourense: "atopaba que moitísimos rapaces que chegaban á universidade dende a aldea adoptaban o castelán como lingua vehicular...a veces sorprendíame como bengalí que leva unha normalización lingüística de trescentos anos ¿que é o que pasaba aquí, que é o que o que realmente prohíbe ás persoas que xa saben galego... pero non o falan?" 

Nandi sinala que a súa lingua nai, o bengalí, tamén é minoritaria ata certo punto, (por moito que conte con varios centos de millóns de falantes), e que como lle acontece a moitas máis na India, ás veces se ve relegada pola que tradicionalmente se asociou ao "poder", o inglés. "Falamos tantos idiomas pero igualmente, o predominante sempre vai ser no mundo académico, entre colegas...todo o mundo muda ao inglés como un idioma predominante no contexto de clase media, media-alta".

O profesor Nandi defende que a planificación e o traballo para prestixiar a lingua son importantes,  pero pon tamén o foco na importancia do compromiso dos falantes: "igualmente hai que ver o papel de cada persoa, o individuo...Temos acceso tanto ao castelán como ao inglés e o galego e estamos a falar en galego...porque eliximos un discurso para poder falar en galego". 

Os gobernos xogan un papel importante para prestixiar a lingua, pero tamén o individuo

Anik Nandi

Director do Centro Galego na India

O Centro Galego na India agarda arrancar con alumnado propio se todo vai ben dentro dun ano. Polo momento, céntranse en prender a semente do interese e o cariño pola nosa lingua entre os máis de 200 estudantes que aprenden nestes momentos castelán na universidade de Woxen.

"A intención é conectar con Galicia, crear una base moi clara e cooperativa co Instituto Cervantes e outras universidades que ofrecen castelán", explica o profesor Nandi. "En literatura comparada, por exemplo, introducimos libros traducidos de Manolo Rivas... pensando nesa base para que a xente teña un interese máis elevado cada vez en Galicia"

Entrementres, a rede vaise tecendo. Outro botón de mostra é que dúas estudantes da Escola de Tecnoloxía de Woxen virán uns meses a continuar a súa formación na Universidade de Ourense e o achegamento ao que van atopar aquí estano facendo a través do Centro Galego: "necesitan o básico sobre a cultura galega, e xa sabes que un dos choques vai ser a comida, como viste a xente, que tipo de frío fai...Este é o primeiro paso que estamos pensando". 

Temas relacionados

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Último boletín

18:00 H | 8 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking