Aberto o plazo para presentar obras ó concurso "Nortear"

O premio é de 3.000 euros para relatos curtos escritos en galego ou portugués

ctv-gfr-relatos

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Xunta de Galicia abriu o prazo para participar na 9º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, e que recoñece obras en galego ou portugués.

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión. Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa.

O prazo para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 30 de xuño a través da web da plataforma Nortear (https:// nortear. gnpaect.eu/).

O premio converteuse nunha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria e promover a distribución das obras alén as fronteiras. Cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfroteiriza España-Portugal (POCTEP), trátase dun espazo cultural compartido no marco da colaboración continuada entre a Xunta e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal a prol do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral.

As persoas gañadoras das anteriores edicións do premio Nortear, ás que concorreron máis de 300 obras, foron Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar e Marta Pais de Oliveira.

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Último boletín

17:00 H | 10 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking