• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

MARIÑA

O Sergas responde aos colectivos que criticaron a atención médica na comarca

As voces que se manifestaron negativamente nos últimos días proviñan do BNG de Foz e de CIG Saúde

O xerente da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, falou nos micros de COPE de la Costa

Audio

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 15:30

Dende o Servizo Galego de Saúde quixeron aclarar diferentes aspectos en relación ás acusacións verquidas por algúns partidos e sindicatos -BNG de Foz e CIG Saúde- nos últimos días, no tocante ao funcionamento de varios centros de saúde da comarca da Mariña.

Segundo indicou en declaracións a COPE de la Costa o responsable da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e MonforteRamón Ares, trataríase en concreto dos seguintes aspectos e aclaracións:

1.- En primeiro lugar, dicir, unha vez máis, que o Hospital da Mariña non cerrou ningunha cama durante os meses de verán. Como é coñecido pola poboación desta área, o Hospital da Mariña non pechou ningunha cama durante o período estival, sendo as únicas camas non operativas (12) as que están afectadas polas obras de ampliación e renovación integral deste centro, que está a levar a cabo o Sergas cun investimento de máis de 14 millóns de euros. Nestes momentos, rematada a ampliación do Hospital, oSergas está a reformar e modernizar de forma integral dende o mes de xaneiro dúas das plantas de hospitalización do edificio inicial deste centro

2.- Polo tanto, negar rotundamente que pecharan camas no verán no Hospital da Mariña, pois dita afirmación é falsa e non responde, en absoluto á realidade

3.- No que respecta ao centro de saúde de Foz, é ben sabido pola poboación a dificultade que hai para cubrir todas as ausencias debido á falta de especialistas nas listas de contratación, algo que non só afecta á Mariña ou a Galicia, senón a toda España. Supoñemos que o BNG é coñecedor da situación e da dificultade de atopar substitutos para cubrir todas as ausencias e baixas que se producen, e de que dita dificultade aumenta nos meses de verán, que é cando se concentra a maioría das ausencias por mor do período vacacional de boa parte dos profesionais. 

4.- Pois ben, a pesar desta dificultade, o Sergas está a facer un gran esforzo para cubrir todas as ausencias posibles e garantir e manter a actividade e a calidade na atención, algo que admite o propio BNG ao afirmar que se cubriu, na medida das posibilidades, a ausencia da especialista en pediatría do Centro de Saúde de Foz.   

5.-  A ausencia desta especialista foi cuberta todas as veces que foi posible, garantindo a calidade da atención pediátrica neste concello. 

6.- No que atinxe ao profesional da quenda de tarde do centro de saúde de Foz, explicar que a súa ausencia tamén foi cuberta sempre que foi posible, con todas as opcións que temos ao noso alcance (ben con substitucións ou ben con prolongación de xornada), coa fin de manter e garantir a calidade da atención.  Dito profesional optou a un concurso de traslados, ao que ten dereito como calquera outro traballador, que o Principado de Asturias resolvou en pleno verán, facendo máis difícil atopar substitutos, xa que é o momento do ano no que máis dificultades se producen, ao estar moitos traballadores en plenas vacacións e precisándose máis subtitutos que en calquera outro momento do ano. Con todo e elo, insistir en que foi substituido e que se están a facer todos os esforzos posibles por cubrir esta e outras ausencias, con todas as posibilidades que o SERGAS ten ao seu alcance. 

7.- Por último engadir que, a maiores, durante os meses de xullo e agosto o Sergas incrementa a plantilla de médicos do centro de saúde de Foz, pois contrátase un médico para a atención de persoas desprazadas. 

No caso do centro de saúde de Viveiro a situación é semellante. Segundo o xerente do Sergas na nosa provincia:

1.- Non hai subsitutos nas listas de contratación, nin de pediatría nin de médicos de familia, un problema xeneralizado en toda España.

2.- O Sergas está a facer todos os esforzos posibles para cubrir todas as ausencias que se producen neste centro de saúde, ao igual que nos demais, empregando, como dixemos todas as opcións ao noso alcance, ben con substitucións (sempre que é factible), ben con prolongación de xornada.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

3.- No centro de saúde de Viveiro estase a substituir todo o que se pode, recurrindo a todas as fórmulas posibles (substitucións, prolongacións...).

4.- Ante situacións puntuais, de ausencias non previstas, a dificultade é maior, dada a falta de especialistas.

5.- Ademais, como no caso de Foz, a maiores, durante os meses de verán o Centro de Saúde de Viveiro conta cun facultativo máis, para a atención dos pacientes desprazados nesta época do ano. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar