Xunta e Concello de Lugo avanzan de cara á futura apertura ao público dos aparcadoiros dos institutos

Ambas administracións asinaron un convenio en materia de vixilancia e disciplina de tráfico, trámite necesario para poñer estes espazos a disposición da cidadanía, e renovaron outro para a xestión dos comedores

O nacionalista Rubén Arroxo e a socialista Ana González Abelleira son os voceiros do goberno municipal de Lugo
00:00
Baruk Domínguez

Xunta e Concello de Lugo avanzan de cara á futura apertura ao público dos aparcadoiros dos institutos e renovan o convenio dos comedores

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Concello de Lugo e a Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio en materia de vixilancia e disciplina de tráfico nos centros escolares non municipais.

Traducido a cristián, trátase dun trámite necesario para que a cidadanía poida facer uso dos institutos da Avenida Ramón Ferreiro para aparcar, como xa sucede desde hai meses no Fogar de Santa María -neste caso, trátase dun espazo que é titularidade da Deputación de Lugo-.

Segundo a voceira socialista do goberno local, Ana González Abelleira, "é un tema sobre o que xa levamos tempo insistindo, e agora ve a luz".

RENOVACIÓN DO CONVENIO DOS COMEDORES

Pola súa banda, desde o eido nacionalista do executivo municipal renovaron outro convenio coa Xunta de Galicia, neste caso para a xestión dos comedores escolares, por un importe duns 425.000 euros. De cara ao vindeiro curso, os usuarios soben duns 750 a máis de 1.000.

Con todo, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, aproveitou para lembrarlle á administración autonómica que "é súa a competencia", e que o goberno local está a facer un esforzo adicional -a Xunta aporta uns 97.000 euros, algo máis da quinta parte- para que "non haxa ningún neno nin nena que quede sen este servizo" -aínda que, ata o momento, non hai unha solución firme para poder ofrecelo en Fingoi II-.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Últimos audios

Último boletín

17:00 H | 11 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking