Un teléfono para todo e para todos no Concello de Lugo

O servizo 010 reforza a súa atención á veciñanza con 175 peticións vía WhatsApp e 26.400 chamadas no primeiro semestre do ano

Visita de Arroxo ao servizo 010
00:00
Concello de Lugo

A concelleira de Participación, Cristina López, acompañada polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou aos traballadores do 010

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura0:51 min escucha

O servizo de atención cidadá do 010 continúa consolidándose como unha ferramenta útil e próxima para a veciñanza de Lugo. No primeiro semestre deste ano 2025, o servizo incorporou unha nova canle de comunicación a través de WhatsApp, que xa recibiu máis de 175 mensaxes, achegándose ás 200 peticións tramitadas mediante esta vía. A veciñanza de Lugo pode contactar co 010 a través do teléfono 618 345 010 (avisos vía WhatsApp) ou do 982 297 350.

Ademais das mensaxes por WhatsApp, no mesmo período rexistráronse 26.400 chamadas, das cales 2.294 derivaron en avisos tramitados. Tamén foron emitidos 9.512 correos electrónicos como parte do seguimento das xestións realizadas

"Estes datos reflicten a consolidación do 010 como un punto de referencia para a comunicación directa coa veciñanza, combinando a atención tradicional coa modernización de novos formatos", afirma o goberno local.

A presenza dixital do servizo tamén segue medrando, con 5.792 seguidores en Facebook e 3.093 en Instagram, canles que permiten "reforzar a difusión de información municipal e fomentar a comunicación coas veciñas e veciños de Lugo".

unha canle de comunicación áxil cos veciños

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, valorou moi positivamente o funcionamento deste sistema, xa que "a incorporación do WhatsApp ao 010 facilitou enormemente a comunicación entre a veciñanza e o Concello. Grazas ás fotos que se achegan, as peticións son máis doadas de entender e situar".

Segundo explicou a concelleira, a maioría das mensaxes recibidas están relacionadas con reparacións do servizo de enxeñaría, incidencias en parques e xardíns, farolas, mobiliario urbano, ou servizos de limpeza. Tamén se atenderon consultas sobre a programación cultural e a venda de entradas para eventos organizados polo Concello.

"marabillosa colaboración cidadá"

Cristina López destacou tamén "a marabillosa colaboración cidadá", facendo fincapé na importancia de contar cunha veciñanza activa que se implica na mellora da cidade

"Lugo é unha cidade viva, e o 010 é unha ferramenta que demostra como, coa participación de todas e todos, podemos facer unha cidade mellor", destacou a concelleira nacionalista.

Desde a súa posta en funcionamento hai 20 anos, "o 010 consolidouse como un servizo fundamental de atención directa á cidadanía, e agora, coa incorporación do WhatsApp e a presenza activa en redes sociais, dá un paso máis cara á modernización e proximidade", afirmou.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00 H | 16 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking