O prazo para solicitar o acceso de vehículos ao casco histórico de Lugo remata a finais deste mes

O persoal de reforzo contratado polo Concello para este trámite, que traballa no Edificio de Novas Tecnoloxías, leva tramitadas 2.165 solicitudes de acceso, unha vez rematadas as obras de peonalización 

El monumento al Bimilenario está en la Praza de Santo Domingo
00:00
Ramudo

O Concello de Lugo leva tramitadas 2.165 solicitudes de usuarios que pretenden acceder ao casco histórico cos seus vehículos

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Concello de Lugo lembra que o prazo para tramitar o acceso con vehículos ao casco histórico, unha vez finalizadas as obras de peonalización no centro da cidade, remata a finais de setembro, que será cando o persoal de reforzo contratado finaliza o seu traballo. Para realizar este trámite, os usuarios deben dirixirse ao Edificio de Novas Tecnoloxías ou a Unidade de Mobilidade da Policía Local.   

Estes puntos de atención foron habilitados específicamente para facilitar o proceso e garantir que todos os cidadáns que cumpran cos requisitos poidan obter a súa autorización de acceso. O Concello lembra que este trámite é fundamental para asegurar a mobilidade na zona histórica, ao tempo que se preserva o seu carácter patrimonial.

Ata o momento, foron tramitadas 2.165 solicitudes.

Ramudo

Con esta medida o Concello busca garantir a mobilidade e a preservación do patrimonio

solicitude telemática

Para realizar o trámite, o primeiro paso é contactar telefónicamente co 982 297 377, onde se lle asigna a cada usuario unha cita presencial. Tamén se informa aos demandantes da documentación requerida para tramitar a solicitude. 

Ademais, o trámite pode realizarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

17:00 H | 12 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking