Formación e innovación ao servizo da cidadanía: Protección Civil de Lugo conta cun novo dron realizado por alumnado do CIFP As Mercedes

O centro equipou un furgón para emerxencias con varios dispositivos, un dos cales conta con cámara térmica para facilitar a busca de persoas desaparecidas

Dron elaborado polo alumnado do CIFP As Mercedes de Lugo
00:00
Baruk Domínguez

Entrevista con Joaquín Expósito, director do CIFP As Mercedes de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes equipou un furgón para emerxencias da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Lugo, que foi presentado durante a carreira popular Corre con Nós.

No acto participaron a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Sagrario Sánchez, e o director do instituto, Joaquín Expósito.

FACILÍTASE A BUSCA DE PERSOAS DESAPARECIDAS

A colaboración realizouse a través dun convenio co Concello de Lugo e permitirá empregar dispositivos dron desenvolvidos polos ciclos formativos das Mercedes para operar en situacións de alarma, accións preventivas e outras intervencións propias de Protección Civil.

Entre eles está o dron con cámara térmica destinado a facilitar a busca de persoas desaparecidas, realizado polo ciclo de Aeromecánica.

REFORZO DA FORMACIÓN EN SITUACIÓNS REALISTAS

A unidade móbil preparada por alumnado e profesorado do centro pertence o Grupo de Drons e Telecomunicacións da asociación de voluntarios de Protección Civil lucense, que ademais de intervir nos operativos que corresponda, tamén está enfocada a realizar actividades docentes. 

A responsable do departamento de Educación en Lugo destacou "a oportunidade que brinda esta iniciativa aos estudantes para reforzar a súa formación en situacións realistas", ademais de poñer de manifesto "a innovación e a calidade do sistema galego de Formación Profesional".

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

13:00H | 19 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking