Desde o Belén de Begonte agardan que pasemos unha "Linda Noite" de Nadal
ConVersoS, dúo confomado polo poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro, gravou unha panxoliña nas instalacións do Centro Cultural José Domínguez Guizán

O dúo ConVersoS interpreta a panxoliña "Linda Noite" diante do Belén de Begonte
O dúo ConVersoS, formado polo poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro, gravou a comezos desta semana a panxoliña "Linda Noite", con letra aplicada ao Belén de Begonte, para a súa difusión nas redes sociais como felicitación de Nadal, e como apoio á campaña de difusión para que o nacemento máis senlleiro da provincia de Lugo logre a declaración de Fiesta de Interés Turístico Nacional.

Galicia Digital
O poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro conforman o dúo ConVersoS
Fin de semana "de récord"
Segundo explicaron desde a asociación que se encarga da xestión do belén, a última foi "unha fin de semana de récord", dunha banda "porque se achegan as datas principais do Nadal", e doutra por "coincidir coa Feira do Nadal, organizada polo Concello de Begonte".
De xeito especial, "o domingo pola tarde que houbo que prolongar máis de hora e media o horario de apertura", xa que "acudiron numerosas persoas que formaron longas colas que foron avanzando de xeito fluído".
MÁIS DE 11.000 VISITANTES
Nestes momentos, desde a súa inauguración o 30 de novembro, superouse xa a cifra de "11.000 visitantes, agardando para as próximas xornadas o maior número de asistentes".
Durante a mañá do luns visitaron o belén begontino un grupo de nenos do concello coruñés de Aranga e varios grupos da Residencia de Maiores de Castro de Ribeiras de Lea.
Contenidos relacionados
- La Navidad empieza en Lugo con el Belén de Begonte
- Donadas una treintena de figuras artesanales al Belén de Begonte
- O Belén Electrónico de Begonte inicia unha "carreira de fondo" para ser de Interese Turístico Nacional
- José Ulla: "Begonte será o centro do Nadal con máis de 40.000 visitantes en dous meses"
- El Belén Electrónico de Begonte, un tesoro que perdura en el tiempo
Temas relacionados
Escucha en directo
COPE LUGO
COPE MÁS LUGO
"Lo que no es un imponderable ni un castigo divino es tener a Sánchez creando problemas en vez de dar soluciones"
Pilar García de la Granja
Lo último
Programas


Programas-Tiempo de Juego
Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño
Sábados 13:00h-01:00h / Domingos 12:00h-01:30h


Últimos audios
Último boletín
5:00H | 11 FEB 2026 | BOLETÍN