52 anos apostando polo mellor da "clásica": chega o Festival de Música Cidade de Lugo

Teremos oito concertos con "carácter internacional e presenza galega" na segunda quincena de maio, tres deles no novo Auditorio Fuxan Os Ventos

Rubén Arroxo, Iria Castro e Xosé Luis Díaz presentaron o 52 Festival de Música Cidade de Lugo
00:00
Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo

Rubén Arroxo, Iria Castro e Xosé Luis Díaz presentaron o 52 Festival de Música Cidade de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e Xosé Luís Díaz en representación da Sociedad Filarmónica de Lugo, presentaron o 52 Festival de Música Cidade de Lugo, que volve en 2025 con oito concertos con carácter internacional e presenza galega. 

Arroxo destacou que este é "o festival de música máis antigo de Galicia, e un dos máis antigos do estado, que celebra este ano a súa 52 edición", e afirmou que o programa deste ano "inclúe a artistas e propostas musicais de gran calidade artística e prestixio internacional".

"Desde as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo", explicou Iria Castro, que engadiu que "este ano, contaremos cunha actividade de música na rúa a cargo de estudantes do conservatorio, escolas de música e agrupacións e intérpretes locais"

A responsable provincial de Cultura destacou o papel da Sociedad Filarmónica de Lugo "na organización ano tras ano desta mostra garantindo sempre a calidade das e dos artistas escollidos".

Por primeira vez, o Auditorio Municipal Fuxan Os Ventos será un dos escenarios principais deste festival, con tres dos oito concertos celebrándose nesta instalación. 

O Círculo das Artes e o Conservatorio Xoán Montes serán as outras dúas sedes do Festival de Música Cidade de Lugo 2025.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO FESTIVAL

17 de maio  - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 horas

Gallaecia Ensemble Barroco

Eu, Francesca (conmemoración do 400º aniversario da creación de La Liberazzione di Ruggiero de Francesca Caccini, a primeira ópera que se conserva composta por unha muller)

20 de maio  - Círculo das Artes -  20:30 horas

La Spagna e Jiayu Jin (soprano)

Lamenti di donna

23 de maio – Conservatorio Profesional de Música "Xoán Montes" -  20:30 horas

La Ritirata

Il Spiritillo Brando (Músicas cortesanas de Italia e España na transición do Renacemento ó Barroco)

24 de maio - Círculo das Artes - 20:30 horas

Cosmos Quartet

Ecos Londinenses (Haydn, Adès, Purcell & Britten)

27 de maio – Conservatorio Profesional de Música "Xoán Montes" - 20:30 horas

Eduardo Fernández (piano)

Recital (Bach, Sibelius, Liszt & Chopin)

29 de maio - Círculo das Artes - 20:30 horas

Concerto 1700 con Carlos Mena (contratenor)

Sacro Vivaldi

30 de maio  - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 horas

Orquestra Gaos con Daniel Vlashi (violín) e Fernando Briones (director)

Concerto para violín (Bruch) & El sombrero de tres picos (Falla)

31 de maio  - Auditorio Fuxan Os Ventos - 20:30 horas

Orquestra Sinfónica Vigo 430 con  Nancy Zhou (violín) e Isabel Rubio (directora)

Concerto para violín (Chaikovski) & Sinfonía nº6 (Beethoven)

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

03:00 H | 25 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking