Volve a Semana do Patrimonio Invisible para descubrir o Santiago agochado no 40 aniversario como Patrimonio Cultural da Humanidade

Unha ducia de espazos poderán ser visitados, algúns por primeira vez no formato de visita guiada como o Pazo Arcebispal, as Excavacións da Catedral, a Compañía de María ou a Colexiata do Sar

Mananciais de Compostela

Semana do Patrimonio Invisible

Mananciais de Compostela

íñigo Landa

Santiago - Publicado el

4 min lectura

Vai ser este xoves a partir das 12 do mediodía cando saian as reservas duns dos programas mais atractivos na axenda cultural e patrimonial de Santiago de Compostela: a Semana de Patrimonio Invisible que permite o acceso do público a espazos pouco coñecidos e normalmente pechados ás visitas e que nesta edición propón unha ducia de espazos por toda a cidade nunha edición especial que coincide co 40 aniversario da declaración como Cidade Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Nesta sétima edición, máis de 700 persoas poderán participar nas visitas a unha ducia de propostas diferentes, entre as que se inclúen sete espazos singulares que serán abertos ao público por primeira vez no formato de visita guiada exclusiva da Semana do Patrimonio Invisible: o Pazo Arcebispal, as Escavacións da Catedral, o Auditorio de Galicia, a Compañía de María, a Casa da Parra, a  Colexiata do Sar e un que se garda aínda como visita secreta.  

Permitindo dende o 1 ao 5 de decembro un percorrido único por edificios, espazos arqueolóxicos, institucións e infraestruturas históricas normalmente fechadas ao público, para achegar o patrimonio máis oculto á cidadanía e visitantes de Compostela. 

Ademais destas visitas a espazos exclusivos, normalmente fechados ou de acceso restrinxido, en 2025 a Semana do Patrimonio Invisible contará cun itinerario especial denominado Santiago Patrimonio Mundial, que precisamente afondará no significado desa declaración da UNESCO no seu 40 aniversario.

Mapa dos lugares que serán abertos co gallo da Semana do Patrimonio Invisible de Santiago

Concello de Santiago

Mapa dos lugares que serán abertos co gallo da Semana do Patrimonio Invisible de Santiago

TODOS OS ESPAZOS E EXPERIENCIAS DA SEMANA DO PATRIMONIO

Así, a proposta completa desta Semana de Patrimonio Invisible serán o Pazo Arcebispal, antigamente coñecido como o “provisorato” e hoxe sede da curia. Tras a súa fachada decimonónica agóchanse algunhas sorpresas como a espectacular escaleira de honra que comunica coa cámara arcebispal.

As escavacións da Catedral baixo o chan do templo onde se agochan as orixes da cidade apostólica. Unha experiencia única para camiñar sobre as camadas superpostas de historia que amosan a evolución do “Locus Sanctus” a través dos seus camposantos, da cerca de Cresconio e dos primeiros templos dedicados ao fillo do Trono.  

A Casa da Parra, fermoso edificio da praza da Quintana en proceso de rehabilitación, leva anos pechado ao público. A fachada barroca deseñada por Domingo de Andrade é a súa carta de presentación e un percorrido polo seu interior permitirá coñecer os seus segredos e as sorprendentes descubertas arqueolóxicas no seu subsolo.   

Colexio da Compañía de María, coñecido como “A Ensinanza”, foi o primeiro centro de Galicia dedicado á educación feminina e un dos colexios máis antigos de Compostela. Polas súas aulas pasaron xeracións de santiaguesas e santiagueses, pero o seu interior segue a ser un gran descoñecido na cidade.

A Colexiata do Sar,  unha das arquitecturas máis sobranceiras do románico compostelán que abre as súas portas para amosar a singular beleza dos seus muros e piares inclinados, a impresionante colección de sartegos medievais e outras sorpresas.  

O Auditorio de Galicia, edificio deseñado polo estudio de Julio Cano Lasso en 1988 e con espazos aínda descoñecidos para o público. O volume dominante do escenario reflíctese nunha lámina de auga, converténdose nun potente referente visual da cidade.  

Mananciais de Compostela onde as persoas participantes descenderán ás profundidades da terra para se adentrar nos antigos mananciais de auga das fontes históricas da cidade medieval da Fonte Branca e Ponte Mantible.   

Centro Socio Culcural da Trisca, construido nun terreo moi estreito, érguese este emblema da arquitectura contemporánea na cidade, obra do neoiorquino John Hejduk, xunto a un equipo formado por Antonio Sanmartín, Elena Cánovas e Leonardo Rietti.  

Visita ao CSC da Trisca

Visita ao CSC da Trisca

Cemiterio e capela do Rosario, atópase no interior de San Domingos de Bonaval e os visitantes percorrerán a capela e o cemiterio desta institución, fundada hai máis de 500 anos e peza fundamental da Semana Santa compostelá.

 O Teatro Principal, onde descubriremos os seus espazos agochados e a súa curiosa historia desde a súa inauguración en 1841.  

E a visita secreta, que servirá, como nos últimos anos, de peche do ciclo, sendo ademais unha das mais demandadas polo público.

Visita en anteriores edicións ao faiado do Teatro Principal

Semana Patrimonio Invisible

Visita en anteriores edicións ao faiado do Teatro Principal

INFORMACIÓN E RESERVAS XA A PARTIR DESTE XOVES

Para garantir a calidade das visitas e a protección dos bens culturais, o acceso realizarase en 53 grupos pequenos, en horarios de mañá e tarde con prazas limitadas  

Para participar en calquera dos grupos, é preciso realizar inscrición previa a través do formulario de reservas que estará dispoñible o xoves 27 de novembro, ás 12 horas en patrimonioinvisible.gal

Co gallo facilitar o acceso á actividade ao maior número de persoas posible, cada solicitante poderá reservar un máximo dunha visita para dúas persoas.  

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00 H | 26 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking