• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Así aplica Galicia o decreto de aforro enerxético

Entre a confusión e a indignación. Así atopamos a meirande parte dos comerciantes e hostaleiros que consultamos en Galicia no primeiro día de aplicación do decreto enerxético

Así aplica Galicia o decreto de aforro enerxético

Santiago

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:28

Na noite deste mércores, 10 de agosto, entrou en vigor o decreto de aforro enerxético do Goberno Central. No primeiro día de aplicación percibimos moita confusión entre os clientes dos establecementos e os que paseaban a primeira hora da mañá polas rúas: "Iso teñen que pelexalo os comerciantes, mentres aos particulares non nos toquen..." Comentaba unha muller que non percibira máis calor nunha tenda de roupa da que saía cunha bolsa. A medida non lle parece, con todo, axeitada nos momentos de moita calor: "27º en probadores é unha esaxeración, eu imaxino que sobre a marcha irán modificando..."

Outra muller que nese momento estaba nunha zona comercial da capital galega laiábase do escuras que quedarán as rúas na cidade e facía memoria: "Nos meus tempos, de pequena, non había nin unha luz no escaparate, é verdade que, á noite, eu se vou pola rúa en Santiago e está todo apagado, xa non saio".

Tamén atopamos xente de acordo coas medidas: "A función dos escaparates non é o alumeado das cidades, para iso están as farolas", asegura unha rapaza nova.

E como o están a aplicar os comercios e hostaleiros en Galicia? Entre resignación e aínda pendentes da aplicación efectiva das medidas. En Ourense, falamos con Susana, responsable dun local de hostalería. Non está nada de acordo con este plan: "Eu non penso facerlle caso, téñennos mareados... cada día unha cousa, co covid unhas restricións, agora outras... eu o único que sei é que pago 3.000 euros de luz, que é unha burrada para andar medindo agora a temperatura... abrindo as portas estamos máis frescos".

Patricia, dende outro local hostaleiro na cidade das Burgas, insiste en que os locais funcionan tamén de espazos de refresco en días onde a temperatura faise difícil de aguantar: "En Ourense fai moita calor e non me parece ben, os traballadores pasan calor e os traballadores queren estar máis frescos".

En Vigo, Lorena traballa nunha tenda de maquillaxe e comentaba nos nosos micrófonos que unha compañeira súa embarazada tivo que ser atendida por un golpe de calor dentro do establecemento.: "fai máis calor dentro que fóra", recoñece outraempregada deste establecemento.

O comercio pequeno que atopamos no centro de Compostela neste primeiro día xa tiña os seus aparellos de aire acondicionado apagados. Un establecemento de roupa infantil carecía desta instalación e tira de ventilador, mentres que nunha zapatería, María Jesús, a súa responsable, asegura que os autónomos xa non poden facerlle fronte ás facturas: "non podemos permitirnos ese luxo, levamos padecendo esta situación dende hai un ano".

A meirande parte dos negocios consultados están en contra do decreto, pero asegura que o acatan ao non ter outro remedio.

A Xunta de Galicia non recorrerá o decreto, pero non comparte estas medidas ao entender que non serán efectivas.

Audio



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar