A Coruña contará cun parque infantil cuberto: esta é a súa ubicación

A Xunta de Goberno Local deu visto e prace á actuación e a melloras nos polideportivos de San Diego e O Castrillón

Foto de archivo de un columpio en un parque infantil

Laterjay / Pixabay

Foto de archivo de un columpio en un parque infantil

Noela Bao

Coruña - Publicado el

4 min lectura

A Xunta de Goberno Local da Coruña aprobou este mércores a saída a concurso de dúas intervencións valoradas en máis de 1,6 millóns de euros, que permitirán avanzar co Plan de Barrios 2025-27, tanto no Ventorrillo como en Elviña

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu  a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, a derradeira deste mes de xullo, e na que se deu luz verde a un investimento de 1,6 millóns de euros no Ventorrillo e Elviña, reforzando así a folla de ruta do novo Plan de Barrios 2025-2027 que promove o Goberno municipal. Tal e como expuxo antonte a rexedora, na presentación oficial do Plan, iranse atendendo as demandas de cada distrito, con énfase na mellora dos espazos públicos, accesibilidade universal e renovación de infraestruturas de ocio.

Primeiro parque infantil cuberto da Coruña

É o caso do parque infantil lindeiro á gardaría do Ventorrillo, que o Concello ampliará e mellorará nos vindeiros meses, co que dará resposta a unha das principais demandas das familias usuarias da instalación. “Destinamos un millón de euros a renovar este espazo. Era unha actuación que tiñamos sobre a mesa xa desde hai tempo, e, agora, entramos na última fase dos trámites administrativos previos á execución das obras”, indicou Rey. A saída a concurso dos traballos abre camiño á remodelación do parque, que contará cunha novidade destacada: será a primeira área infantil cuberta da cidade, para protexer as crianzas en días de mal tempo e fronte á radiación solar.

A previsión do Concello é que a área infantil do Ventorrillo conte con catro cubertas lixeiras de policarbonato. A superficie pasará de 400 a 730 metros cadrados, e as persoas usuarias de 76 a 135. Ademais, renovaranse o pavimento, os equipamentos, e sumaranse xogos inclusivos e sensoriais. Haberá dous novos tobogáns aproveitando o noiro lindeiro ao parque. O prazo de execución das obras será de nove meses desde a adxudicación.

O anteproxecto previo á licitación de San Diego e O Castrillón, aprobado

Por outra banda, hoxe aprobouse o informe de viabilidade das concesións dos centros deportivos de San Diego e do Castrillón, que o Concello ten previsto sacar a concurso proximamente. Neste sentido, a Xunta de Goberno deu luz verde ao anteproxecto das obras e melloras previstas a futuro. Establécese un investimento mínimo de 6.500.000,00 € para renovalas, cun modelo de financiamento sustentado nos ingresos pola súa explotación.

Polideportivo de O Castrillón, en A Coruña

Noela Bao

Polideportivo de O Castrillón, en A Coruña

A meirande parte dos investimentos serán en San Diego, cun recinto que leva 25 anos en funcionamento e necesita renovación nos sistemas de auga quente e fría, ventilación e climatización, fontanería e filtración de piscinas. Tamén haberá melloras de accesibilidade e actuacións na envolvente. No Castrillón, o investimento será menor xa que o centro é máis recente.

650.000 euros para humanizar a praza Manuel Guitián, en Elviña

Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto e licitación das obras para humanizar a praza Manuel Guitián, situada en Elviña. Ao igual que en Pintor Laxeiro e Pintor Manuel Colmeiro, mellorarase a contorna dos bloques residenciais, gañando superficie peonil e seguridade viaria, especialmente nun distrito cunha alta porcentaxe de poboación maior de 65 anos.

Inés Rey despois da Xunta de Goberno local

Andy Perez

Inés Rey despois da Xunta de Goberno local

Renovaranse os pavimentos das beirarrúas e da calzada, visibilizaranse os espazos de estacionamento, elevarase o paso peonil, plantaranse árbores e instalarase mobiliario urbano. Tamén se renovará a iluminación e farase separativa a rede de pluviais e saneamento. O investimento será de máis de 650.000 euros, con prazo de execución de seis meses.

Pulo ao emprendemento no centro de empresas de Agrela

Hoxe tamén se aprobou a modificación inicial da Ordenanza reguladora dos centros municipais de empresas de Agrela e O Papagaio. “Vimos dándolle facilidades ao tecido emprendedor para usar estas instalacións nas primeiras fases de desenvolvemento”, afirmou Inés Rey. No Papagaio, contabilizáronse seis novas iniciativas no primeiro semestre do ano.

Fábrica de Estrella Galicia en Agrela (A Coruña)

Gimena Berenguer

Fábrica de Estrella Galicia en Agrela (A Coruña)

A modificación permitirá incorporar unha nova tarifa para proxectos en preincubación no centro de Agrela, como xa acontece no Papagaio. A medida busca apoiar novas iniciativas empresariais para que atopen lanzadeira de futuro na cidade. Tras a aprobación inicial, levarase ao Pleno para a súa ratificación.

Aproveitamento dun antigo baixo de ADIF en Catro Camiños

No ámbito da Concellaría de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, fíxose balance das licenzas e permisos urbanísticos concedidos na última quincena. Entre os expedientes, destaca o que permitirá reconverter o baixo da antiga cervexaría entre Alcalde Marchesi e a avenida de Oza, propiedade que foi do ADIF.

Tras a súa poxa recente, o local será remodelado para acoller un novo ximnasio no barrio de Catro Camiños.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Programas

Últimos audios

Último boletín

04:00 H | 20 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking