Viveiro | Dos estudiantes del IES Vilar Ponte, coordinados por el profesor de religión, han obtenido el 1º premio del concurso escolar del Parlamento de Galicia, en la categoría de "Escribe o teu conto"

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O xurado encargado  de valorar os traballos presentados na terceira edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, a concesión deste premio na categoría de “Escribe o teu conto”, a dous alumnos de 1º da ESO, Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta, do IES Vilar Ponte de Viveiro.

Os premios entregáranse nun acto que se desenvolverá na sede do Parlamento de Galicia, no Salón dos Reis, o vindeiro mércores, 5 de xuño, ás 12 horas, ao que asistirán todo o alumnado da clase de relixión premiada, e aproveitarán para visitar a sede do Parlamento, así como a Catedral de Santiago, e o Pazo de Xelmirez.

Os premios obtidos son significativos e consisten nun ordenador portátil para cada neno gañador e un lote de libros, dúas excursións pagadas ao lugar que elixan de Galicia para a clase de Relixión dos alumnos gañadores, 2.000 euros para o centro e unha táboa dixital para o coordinador dos traballos.

Toda esta información pode ampliarse visitando a páxina web do Parlamento Galego, en www.parlamentodegalicia.es, picando no icono O Parlamento á escoita, Concurso Escolar.

O xurado desta III edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e integrado pola vicesecretaria da Mesa do Parlamento, Concepción Burgo; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Mª Soledad Piñeiro (por delegación da presidenta da Cámara); e polos deputados Vicente Docasar Docasar (en representación da vicepresidenta primeira), e Moisés Blanco Paradelo (por delegación do secretario da Mesa). O profesor Xosé Manuel Rosales Noves formou parte do xurado como docente proposto pola Presidencia do Parlamento de Galicia.

Programas

Último boletín

10:00 H | 26 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking