Carnaval Foz |
El peluquero y artista Juan Varela será el pregonero del carnaval focense
El alcalde, Javier Jorge Castiñeira, presentó el programa de actos del “Entroido 2014” que tendrá su desfile el sábado 1 de marzo con el reparto de 6.000 euros en premios; el viernes 28, a las 20:00 horas en la Sala Bahía, será el pregón a cargo del artista local, Juan Varela.
Madrid - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O rexedor municipal explicou que apostamos novamente por un personaxe actual, que participa precisamente no Entroido de Foz e que é moi coñecido por todos os focenses pola súa colaboración tamén noutros moitos eventos que organiza o Concell: trátase do perruqueiro Juan Varela, que é unha persoa tremendamente simpática, moi creativa e cun enxeño espléndido. Cremos que é a persoa ideal, na liña destes últimos pregoeiros, como foron tanto Piti Alonso como Manolo Chinchón. Son xente de Foz que viven e fan o noso Entroido. Esa é a liña que quere levar o Concello nestes anos, que é tratar de recordar e homenaxear a esas persoas que, dunha forma completamente altruísta, fan que o Entroido de Foz sexa un dos máis significativos da Mariña de Lugo, da provincia e de Galicia. O venres 28 de febreiro ás 20 horas será ese pregón na sala Bahía. Media hora despois celebrarase o concurso de coplas, que sempre é moi vistoso porque, aparte de coplas, hai diferentes actuacións”. Javier Castiñeira engadiu que “o día grande, o 1 de marzo, darase o fogonazo inicial ás 10 da mañá e a partir desa hora as diferentes charangas farán pasacalles polas rúas. E ás cinco da tarde empezará a XXXIII edición do desfile do Entroido de Foz, no que se repartirán máis de 6.000 euros en premios. Sempre é un éxito absoluto de participación e de xente que se achega a Foz para velo. Ao final haberá unha chocolatada para os participantes e ás once da noite celebrarase o gran baile na sala Bahía, onde se entregarán os premios, evento que estará amenizado pola orquestra Marbella e polo grupo Tekila”. Do programa de actos do Entroido focense o alcalde tamén salientou que o domingo 2 de marzo “é a quenda dos nenos, que ás 5 da tarde terán baile infantil co grupo Diamantes e entregaranse os premios infantís. Tamén o domingo, ás nove da noite, realizarase o Touporroutou, organizado pola asociación A Pomba do Arco, que é unha parte moi picante do Entroido no concello de Foz. Despois, o luns de Entroido celebrarase o tradicional Baile do Farolillo amenizado polo grupo Fénix e DJ Eventec, un acto no que participa sempre moita xente. Os prezos das entradas son como en anos anteriores, pois non quixemos subilas”. Para concluír coas actividades Castiñeira comentou que “o martes 4 de marzo ás cinco da tarde haberá outro baile infantil, organizado pola asociación de amas de casa e amenizado tamén polo grupo Diamantes, Chechu e Salva, que son os clásicos xa no noso Entroido. E, para rematar, o venres 7 de marzo teremos a Queima do Entroido, que sairá ás dez da noite do Campo da Cabana e rematará cunha queimada popular no peirao de Foz”. Ademais o rexedor municipal agradeceu “a todos aqueles que colaboran co Concello para que este Entroido teña éxito, a todos aqueles patrocinadores dos premios, dos traxes das raíñas, dos peiteados e moito máis, porque sen eles sería imposible. Quero darlles as grazas tamén a todos aqueles que participaron na cea do Entroido pois fixérono con moita alegría e tranquilidade. Foi un éxito absoluto e hai que darlle o parabén ás dúas Saras e a Nara por ser as raíñas do Entroido 2014 e tamén agradecerlles á anterior raíña e ás súas damas por como o fixeron no ano 2013. A todos eles, incluído o noso pregoeiro Juan Varela, moitas grazas por participar no Entroido, por axudarnos e o éxito da cea de coroación augura que vai haber un Entroido con moita ilusión e moi bo no concello de Foz”.



