• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El PP exige explicaciones a Besteiro por un trabajador de la Diputación que presta servicio en la sede del BNG en Foz

El Grupo Provincial del PP en la Doiputación Provincial denuncia que Xoán Antón Estúa trabaja en la sede del BNG en Foz a pesar de recibir un salario con dinero público pagadopor la Diputación. Los populares creen que la mezcla que hace el BNG entre partido e institución “es un fraude a la Diputación y a los lucenses”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Grupo Provincial do Partido Popular formulará unha pregunta dirixida a Jose Ramón Gómez Besteiro para que explique e aclare como é posible que un cargo eventual -nomeado a dedo- pola Deputación de Lugo preste os seus servizos na sede do BNG de Foz. Os populares denuncian que Xoán Antón Estua, pese a percibir un salario con cargo á Deputación -un soldo que procede dos fondos públicos provinciais- está a desenvolver unha labor exclusivamente partidista e a facelo incluso -como é público e notorio- desde a sede que os nacionalistas teñen na localidade de Foz, isto é, a preto de 90 quilómetros e case unha hora e media de distancia das instalacións centrais da Deputación. FRAUDE Á DEPUTACIÓN E AOS LUCENSES Con esta actitude, que desde o Partido Popular non dubidan e cualificar como “de fraude á Deputación e aos lucenses” os nacionalistas amosan unha vez máis o difusa que para eles está a liña que separa a función institucional da Deputación de Lugo das funcións propias do BNG como partido político. Un comportamento que está amparado polo seu socio de Goberno, o PSOE, e que leva a sospeitar que pode ser unha práctica habitual do bipartito provincial con algúns dos seus cargos aos que libera para tarefas orgánicas e partidistas pero iso si, a soldo da Deputación. ADSCRITO Á ÁREA DE CULTURA Xoán Antón Estua García foi nomeado como persoal eventual da Deputación de Lugo a través dunha resolución asinada por Jose Ramón Gómez Besterio, a quen os populares formulan a pregunta, e que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia o 23 de agosto de 2011. Segundo establece este documento, o presidente socialista da Deputación de Lugo resolvía nesa data a contratación, a través dun procedemento de libre designación (a dedo) dun traballador “eventual, na categoría profesional de administrativo, adscrito á Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico”. Como indica a resolución pola que se lle nomea, Xoán Antón Estua García, debería prestar os seus servizos na área concreta á que se lle adscribiu na Deputación, e nunca no BNG, como está a facer na realidade. Os populares insisten “que este comportamento fraudulento polo que traballa ao servizo do seu partido é ademais público e notorio, como calquera pode comprobar a través da súa participación en distintas convocatorias, plataformas ou actos, nas que esta persoa está presente como responsable orgánico do BNG”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar