O rexedor explica que “no Concello de Barreiros vimos de presentar o que é a nova factura da auga e de sumidoiros. Non é un recibo a maiores, senón que ata o de agora desde o Concello non se enviaba esta información aos cidadáns. A eles só lles chegaba o recibo co cargo do banco ou ben un aviso para vir pagar a factura en man, por iso cremos oportuno que todo o mundo ten que recibir os datos, o que é o recibo en sí, para que saiban o que vai para cada un, para que vexan tamén que hai unha parte que factura o Concello e o outra parte, que é o canon da auga, que a factura Augas de Galicia. Na factura tamén aparece o número de contador, o número de contrato, consumo de auga, tipos impositivos, etc. É unha información moi ampla que todos os cidadáns debemos ter á nosa disposición”. Fuente Parga indicou que “a emisión destas facturas ten un custe, que asume o Concello, xa que non se lle repercute aos veciños e veciñas de Barreiros. Penso que esa información é moi positiva tanto para o que o poida deducir fiscalmente, como para calquera cidadán en xeral que queira coñecer todos eses datos. Tamén deste xeito pretendemos actualizar a información, xa que pode haber titulares dos contratos que estean obsoletos, que sexan antigos, e así deste xeito pódense renovar. E xa no reverso dese documento aparecerán informacións diversas, coma neste caso da primeira factura, sobre o fomento da igualdade entre homes e mulleres, a discriminación ao maltrato, ou novas relativas á redución dos consumos de auga, etc”. O alcalde cre que “este era un servizo que non se estaba a prestar en Barreiros e desde agora nos poñemos ao nivel ou incluso por diante doutros concellos de moita máis entidade e damos toda esta información”. A factura de auga de Barreiros foi presentada hoxe polo rexedor, Alfonso Fuente Parga, e polo edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente. O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que deste xeito “Barreiros se pon ao nivel doutros concellos de maior entidade”.