Pontenova |

David Álvarez Gutiérrez encabezará por primera vez la lista del PP a las municipales

Médico en el municipio desde el 2011 y se estrena en el mundo de la política como candidato a la alcaldía de A Pontenova por el PP. El presidente del PP de Lugo, José Manuel Barreiro, deposita la confianza en Álvarez Gutiérrez para desbancar a los socialistas del gobierno local

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A primeira toma de contacto de David Álvarez Gutiérrez coa política empeza como cabeza de lista da agrupación local para as eleccións do vindeiro mes de maio. Malia a isto, di afrontar este reto con moita ilusión e sobre todo, con traballo e honestidade. Médico en A Pontenova dende o ano 2011, de 40 anos, casado e con dous fillos, Álvarez Gutiérrez é un afeccionado ao deporte, concretamente ao ciclismo, actividade que practica dende a xuventude e no que ven de recoller como último galardón o titulo de Director Nacional. O presidente provincial, José Manuel Barreiro, aposta desta maneira, por un candidato novo e preparado para afrontar este reto e desbancar ao socialista, Darío Campos, da alcaldía. Insta, desta maneira, ao alcaldable a traballar arreo para conseguir o bastón de mando e situar a este municipio onde se merece. O alcaldable di que A Pontenova precisa romper coa monotonía na que está inmersa debido ao pasotismo dun rexedor que nada fai para que o municipio evolucione. Comprométese a dar opcións para rematar coa actividade limitada na que se ostenta a vila. Sentencia, ademais que a pirámide poboacional vai a menos polo que loitar contra a despoboación será un dos seus cometidos. Di ademais que a vila conta con moitos puntos fortes que merecen ser potenciados, polo que traballar neste eido será tamén unha das súas prioridades.   BIOGRAFÍA David Gutiérrez Álvarez naceu o día 10 de xullo de 1974 en Mieres, Asturias. Médico de profesión, desempeña esta labor en A Pontenova dende o ano 2011. Está casado e ten dous fillos.

Visto en ABC

Programas

Último boletín

5:00H | 01 ABR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking