Mariña |
CIG Saúde denuncia el traslado de enfermos al HULA por falta de camas
La sección sindical de CIG-Saúde en el Hospital da Costa denuncia el “caos que está a vivir” por falta de camas, situación que obligó en la noche del miércoles a trasladar e ingresar enfermos de la Mariña en el HULA Según el sindicato en el Hospital da Costa hay personas adultas ingresadas en pediatría, demostrando así la “nefasta gestión de la gerencia y de la Consellería de Sanidad”

CIG Saúde denuncia el traslado de enfermos al HULA por falta de camas
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
UN HOSPITAL DA COSTA COLAPSADO, SEN CAMAS E PERSOAS ADULTAS INGRESADAS EN PEDIATRIA. CIG Saúde A Mariña sinala que o Hospital da Costa está colapsado e sen camas dispoñibles, con persoas adultas ingresadas no Servizo de Pediatría, o que provocou o traslado e ingresos de doentes mariñaos no HULA na madrugada do mércores para o xoves co conseguinte trastorno que provoca para os doentes mais tamén para as súas familias que se ven obrigadas a desprazarse a Lugo. A CIG-Saúde critica a falta de actuacións da dirección para pór remedio a unha situación que “provoca frustración de doentes, familias e persoal”. “A única cuestión que parece clara e indiscutíbel é que a ampliación real e inmediata é unha necesidade indispensábel para garantir unha atención sanitaria de calidade e de proximidade na Mariña”. NEFASTA XESTIÓN DA XERENCIA E A CONSELLERÍA DE SANIDADE. Dende o 2009 “o goberno do PP leva vendendo a ampliación do Hospital da Costa pero pasaron seis anos de promesas repetidas sen que invertesen o máis mínimo esforzo en adaptar o centro á realidade da comarca, un hospital con 130 camas para atender as necesidades asistenciais de máis de 72.000 habitantes, algo claramente insuficiente”, sinalan. Cando se anunciou a integración do Hospital da Costa en Lugo, co rexeitamento da cidadanía, do persoal sanitario e deste sindicato nacionalista, dende o SERGAS e o Partido Popular aseguraron que o modelo de Xestión Integrada achegaría a sanidade ás mariñás e aos mariñaos e evitaría desprazamentos innecesarios a Lugo. A realidade hoxe é ben distinta e “cada vez máis usuarios e usuarias da sanidade pública da Mariña vense obrigados non só a viaxar a Lugo para realizar probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, senón tamén a ingresar no HULA por falta de espazo e de camas no centro mariñao”, denuncian. Para o sindicato nacionalista todo isto e consecuencia dos recortes na sanidade, da implantación da Xerencia Integrada que supuxo a perda de recursos económicos, materiais e humanos para a Sanidade da Mariña e a falla de compromiso real do SERGAS coa sanidade pública da Mariña, que non vai máis aló do anuncio de Plans Directores e visitas propagandísticas da Conselleira de Sanidade e o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que nunca culminan cunha ampliación real do centro mariñao. Dende CIG Saúde A Mariña esixen unha vez máis a derrogación do Decreto de Xestión Integrada, a ampliación real e inmediata do Hospital da Costa e unha axeitada planificación de camas para garantir unha sanidade de calidade na comarca de A Mariña