• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | El alcalde confía en consensuar el proyecto con la oposición

El proyecto de presupuesto para el 2013 incluye reducir para fiestas e crear un plan de empleo

En la primera reunión de los portavoces municipales el Grupo de Gobierno ha presentado un proyecto adaptado a las circunstancias económicas del ayuntamiento y a la ley de techo de gasto; este año Foz dispone de 5.750.000 euros de presupuesto. JJ Castiñeira comentó que hay que reducir gastos y tirar de prioridades para mantener las ayudas a las asociaciones. Destaca la reducción para fiestas y crean un plan de empleo con 80.000 euros que pedía algún grupo de la oposición.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O rexedor municipal adiantou que para este ano o Concello focense “dispón de 5.750.000 euros e por iso hai que tratar de reducir certas partidas e de priorizar os gastos máis importantes do Concello. En xeral a redución de partidas farase en todas aquelas nas que o grupo de goberno, coñecedor da situación de cara área, se pode reducir, aínda sabendo que o borrador que propuxo inicialmente o interventor era xa bastante axustado”. Tamén comentou que a proposta do equipo de goberno “contempla varias reducións, pero a máis importante é a da partida de festas, que queda en 60.000 euros. Tamén se recorta a partida de gasto en alumeado público, dentro do capítulo de combustible e enerxía. No gasto de depuración contemplábase a actualización total do contrato e das facturas, algo que de momento, ata que se aprobe no pleno, non corresponde e polo tanto tamén reducimos algo esa partida e outras que existían a maiores pero que non se estaban esgotando”. Javier Castiñeira anuncia ademais que a proposta do goberno local contempla a redución en gastos de actos culturais, porque “hai que tratar de tirar de prioridades” e aclara que “tratamos de manter o cen por cen das axudas que se estaban dando a asociacións e clubs, porque cremos que é importante pois están pasando un momento complexo”. O alcalde destacou que na súa proposta “as partidas correspondentes aos gastos do goberno municipal son as menores dos últimos dez anos” e engadiu que “se trata de poñer enriba da mesa algunha das cousas que faltaban, como inversións en camiños parroquiais na rede municipal, aínda que son pequenas, e tamén outros gastos diversos para obras. E sobre todo tratar de contemplar unha subvención de 7.000 euros para a asociación de discapacitados, que ata agora non a cobraban”. No borrador que presenta o equipo de goberno figura así mesmo “unha compensación para os traballadores municipais polo non cumprimento da RPT con unha pequena partida para a suba de produtividade de 17.000 euros. Ademais contémplase un contrato para o mantemento de xardíns urbanos debido a falta gravísima de persoal de xardinería, que non se pode cubrir actualmente pola propia lei. Resérvanse 80.000 euros para un plan de emprego municipal e tamén un pequeno pago para o contencioso das licencias, que saíu de forma positiva no xulgado”, explicou Castiñeira. Por todo isto o rexedor municipal de Foz considera que a proposta de orzamento que presenta “cumpre cos requirimentos da oposición, tratar de compensar a RPT dalgunha forma, aínda que non chegamos ao global, que eran case 100.000 euros e a suba que se propón son 17.000 euros na partida de produtividade, pero xa é un esforzo moi grande. E o esforzo maior é plan de emprego municipal, con 80.000 euros”. O alcalde espera que os grupos de oposición “saiban valorar este esforzo, que fan os cidadáns de Foz, non o equipo de goberno, e chegar a uns orzamentos consensuados”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar