• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Portos de Galicia refuerza con bloques de hormigón el dique de abrigo del puerto burelés

El presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobó el inicio de los trabajos, por importe de más de 130.000 euros, que van a permitir reparar los daños ocasionados en la estructura por los temporales del invierno pasado El alcalde, José María González Barcia, destaco el compromiso de Portos de Galicia con Burela

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 abr 2017

Portos de Galicia reforzará con bloques de formigón o dique de abrigo do peirao do municipio lucense de Burela. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que se solventarán os danos provocados polos temporais do pasado inverno. En concreto, os temporais de mar de fondo do primeiro trimestre do ano provocaron importantes daños no dique de Burela. Os desperfectos máis importantes centráronse nos mantos de protección da aliñación final do dique (fronte ao peirao comercial) con perda dalgúns elementos que deixaron o manto e saturación precaria. A perda de bloques nos mantos de protección conleva que a estrutura quede parcialmente desprotexida ante a acción do mar con risco de derrubes e de operatividade de cara aos usuarios do porto. As obras, que están a dar comezo nesta mesma semana, consisten fundamentalmente no reforzo do manto principal de defensa do dique, nunha zona de aproximadamente 370 metros de lonxitude. Para elo, colocaranse novos bloques de formigón de 50 toneladas nas zonas nas que se detecte a súa falla polo corrimento de algunhas unidades que deixan ao descuberto o manto interior. Os bloques serán fabricados previamente con medidas e xeometría similares ás dos existentes e posteriormente trasladaranse ata a zona do dique de Burela para a súa colocación cunha grúa de grandes dimensións. Esta actuación enmárcase dentros das obras de maior envergadura para a reparación dos daños ocasionados polos temporais do pasado inverno. Coa súa execución, Portos de Galicia avanza no seu compromiso de devolver aos peiraos afectados a plena operatividade e seguridade antes da chegada do próximo inverno, de xeito que contribúa á manter as condicións de traballo axeitadas para os usuarios das zonas portuarias. O alcalde, José Mª González Barcia, valora de xeito positivo a visita cursada hoxe a Burela polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, polo respaldo que supón para o actividade que desenvolve o porto e para o peso que ten na economía. O rexedor indicou que “o reforzo da escolleira do dique de abrigo cun orzamento duns 109.000 euros máis ive é un actuación importante, porque había daños ocasionados polos temporais dos pasados inverno e primavera. Esta actuación de Portos de Galicia ven demostrar, unha vez máis, o compromiso que dende este organismo da Xunta hai co porto de Burela”. González Barcia dixo que “aínda nunha situación económica complicada, como a actual, Portos de Galicia recoñece a capacidade do porto de Burela en canto a xeradora de actividade e polo tanto de riqueza económica e que é bo que esas actuacións se fagan”. E engadiu que “ao longo deste mes probablemente vaise adxudicar a prolongación do martelo que separa a zona comercial da pesqueira, cun orzamento de 483.000 euros. É unha actuación moi importante tamén, que ratifica o compromiso de Portos de Galicia con Burela”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar