• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública hace un llamamiento al los alcaldes de la comarca para rechazar las intenciones de la Consellería de Sanidad de aplicar en Lugo el Área de Gestión Integrada

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña que aglutina entidades sociais, de doentes, organizacións políticas e sindicais fixo un chamamento aos alcaldes da Mariña a sumarse á demanda dunha área de Xestión Integrada comarcal, dotacións orzamentarias para a ampliación do Hospital da Costa e unha defensa inequívoca da sanidade pública porque este non é momento de seguir disciplinas partidistas senón de sumar esforzos e defender intereses comúns para evitar un maior deterioro da sanidade pública na comarca.  Segundo explicaron o Partido Popular e a Consellaría de Sanidade non poden seguir enganando á comarca con falsas ampliacións do Hospital da Costa nin con interpretacións interesadas dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial do que xa coñecemos os seus efectos na Coruña, Ourense e Pontevedra e que para a Mariña suporía a perda de servizos e facultativos na así como o fin das posibilidades de ampliación do Hospital Comarcal e o deterioro dos servizos sanitarios públicos no seu conxunto. Piden posicionamentos claros e firmes dos alcaldes da comarca para sumar esforzos na defensa da sanidade pública na comarca A Plataforma pide aos alcaldes da comarca, ao marxe da súa filiación política, un apoio claro que poña en evidencia a necesidade da urxente ampliación do Hospital da Costa, a marcha atrás nas intencións da Consellaría de Sanidade para aplicar en Lugo o Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial. Para a Plataforma aquí non caben desculpas porque “quen cala outorga” e este non é o momento de “agardar a ver que pasa”, “xa son moitas as evidencias sobre as intencións da Consellaría e tamén as voces que comparten o despropósito desta medida polo que os alcaldes non poden ficar mais tempo calados”. É evidente, afirmaron, “que a aplicación dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial terá efectos demoledores na calidade asistencial xa deteriorada polos brutais recortes orzamentarios, a perda da autonomía comarcal, a modificación do mapa sanitario na provincia e a dependencia dun xestor provincial non fará mais que empeorar a situación” O Partido Popular e a Consellaría de Sanidade non pode seguir enganando á comarca con ampliacións virtuais nin con falsas interpretacións do Decreto de Xestión Integrada. Dende a Plataforma insistiron en que a cidadanía mariñá ten que mobilizarse como xa o fixo no 2010 para frear a perda duns servizos sanitarios ganados a pulso no seu día que non podemos malograr, animaron a asistir aos actos públicos aínda pendentes de celebrar na Casa da Xuventude de Mondoñedo o luns 25 ás 20:00hrs e na Antiga Biblioteca de Burela o martes 26 á mesma hora para recibir información de primeira mao. Segundo advertiron, A Mariña non está en disposición de tolerar mais promesas sobre ampliacións virtuais dun hospital que xa non da mais de si, tampouco mais recortes orzamentarios en persoal e moito menos falsas e interesadas interpretacións dun Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial porque coñecemos sobradamente os seus efectos noutras provincias onde xa se aplicou; o territorio mariñao e os 14 concellos da actual Área Sanitaria conta coas características suficientes para ter unha xestión sanitaria propia sen dependencias alleas que deteriorarían a calidade asistencial e as posibilidades de mellorala. Para A plataforma o “silencio cómplice” dos representantes na comarca do Partido Popular apos o anuncio da Xerencia de Atención Primaria na Provincia sobre a aplicación no prazo dun mes do Decreto de Xestión Integrada “é clamoroso e ven a sumarse á falta de resposta dos seus representantes aquí e no Parlamento Galego diante da ausencia de orzamento para a prometida ampliación do Hospital e os recortes en materia de persoal para o mesmo centro que poñen negro sobre branco o incumprimento dos compromisos coa comarca do presidente Feijoo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo La Linterna de la Iglesia - COPE.es

La Linterna de la Iglesia - COPE.es

Irene Pozo

Escuchar