• Martes, 07 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

González Barcia informó sobre el estado de las playas y sobre la organización de PRODUART

El alcalde burelés se ha reunido con representantes de la Asociación de Vecinos O Vencello para informarles de temas como la temporada de verano en las playas del municipio o reparaciones en viales. El 80% de la superficie destinada a expositores en la feria Produart ya está ocupado, con lo cual la organización de la feria que será del 1 al 3 de agosto, asegura  que el número de stands podría incrementarse con respecto al 2013

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, José Mª González Barcia, indicou que “polo que estivemos a analizar este mediodía na reunión do padroado da Fundación repetirase a superficie destinada a stands do ano pasado e podería incrementarse lixeiramente o número de expositores”. O rexedor lembrou que “o evento céntrase nos produtos vinculados coa natureza e o medio ambiente, entre outros. Produart mantívose co paso do tempo a pesares da crise económica dos últimos anos e chega xa á súa duodécima edición”. O Concello e a Fundación Expomar asinarán en breve o convenio que sustenta a achega municipal de carácter anual de 12.000 euros, “que comezou a concederse na época de Manuel Mon coma alcalde de Burela, tivo continuidade co seguinte goberno do PP, suspendeuse co bipartito que a concedeu só durante un ano, e ao chegar nós ao goberno municipal volvemos recuperala”, engadiu José Mª González Barcia. O Vencello Esta tarde o alcalde mantivo un encontro con representantes da asociación de veciños O Vencello “aos que se lles informou do estado da adecuación das praias de cara á tempada estival, da contratación dos socorristas e da reposición das plaquetas nas beirarrúas, que quedaran deterioradas polo temporais do pasado inverno”. González Barcia explicou que “a asociación de veciños valorou positivamente o arranxo de camiños que se está a facer con cargo ao PEIM 2013/2014. Nos traballos estanse a investir arredor de 40.000 euros, financiados en grande parte pola Xunta de Galicia”. E engadiu: “tamén falamos do estado da nova gardería e dos prazos do acceso ao porto. Hai que lembrar que a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas remata o vindeiro 10 de xullo”. Para o alcalde “a xuntanza foi positiva. Seguimos a liña de manter estes contactos con todas as asociacións do concello. Eles o que nos plantexaron hoxe foron cuestións vinculadas co día a día da vida municipal”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2