• Martes, 07 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

En época de las nuevas tecnologías el Ayuntamiento acuerda enviar información a los vecinos en papel

El alcalde, Alfonso Fuente, y el concejal de medio ambiente, José Manuel Gómez, han explicado que la factura que está llegando a los domicilios de los barreirenses incluye una explicación y datos sobre el consumo de agua, el precio y los impuestos que se lleva Augas de Galicia. Con este papel, que tiene un coste económico que asume el ayuntamiento y no la empresa adjudicataria Aqualia, pretenden mejorar la información a los vecinos sobre el servicio municipal de abastecimiento de agua con una factura bimestral donde se incluyen los datos de las lecturas de los contadores, el coste, la cantidad que se lleva la Xunta, los datos de su contador y los datos del cliente.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O rexedor explica que “no Concello de Barreiros vimos de presentar o que é a nova factura da auga e de sumidoiros. Non é un recibo a maiores, senón que ata o de agora desde o Concello non se enviaba esta información aos cidadáns. A eles só lles chegaba o recibo co cargo do banco ou ben un aviso para vir pagar a factura en man, por iso cremos oportuno que todo o mundo ten que recibir os datos, o que é o recibo en sí, para que saiban o que vai para cada un, para que vexan tamén que hai unha parte que factura o Concello e o outra parte, que é o canon da auga, que a factura Augas de Galicia. Na factura tamén aparece o número de contador, o número de contrato, consumo de auga, tipos impositivos, etc. É unha información moi ampla que todos os cidadáns debemos ter á nosa disposición”. Fuente Parga indicou que “a emisión destas facturas ten un custe, que asume o Concello, xa que non se lle repercute aos veciños e veciñas de Barreiros. Penso que esa información é moi positiva tanto para o que o poida deducir fiscalmente, como para calquera cidadán en xeral que queira coñecer todos eses datos. Tamén deste xeito pretendemos actualizar a información, xa que pode haber titulares dos contratos que estean obsoletos, que sexan antigos, e así deste xeito pódense renovar. E xa no reverso dese documento aparecerán informacións diversas, coma neste caso da primeira factura, sobre o fomento da igualdade entre homes e mulleres, a discriminación ao maltrato, ou novas relativas á redución dos consumos de auga, etc”. O alcalde cre que “este era un servizo que non se estaba a prestar en Barreiros  e desde agora nos poñemos ao nivel ou incluso por diante doutros concellos de moita máis entidade e damos toda esta información”. A factura de auga de Barreiros foi presentada hoxe polo rexedor, Alfonso Fuente Parga, e polo edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente. O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que deste xeito “Barreiros se pon ao nivel doutros concellos de maior entidade”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2