• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Igual que todas las agrupaciones de la provincia

La Cofradía de Pescadores de Foz confirma que tiene una subvención de la Diputación

El patrón mayor de la cofradía, Juan Ramón Lestegás, ratifica públicamente que la Diputación le informó el 18 de enero de la renovación de la ayuda para el 2013 y además con la misma cuantía que en el año anterior. Lestegás no duda del cobro de la subvención del 2012 porque todavía a finales de año enviaron la última documentación para justificar e ingresar la ayuda del 2012.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O patrón maior da Cofradía de pescadores de Foz, Juan Ramón Lestegás, confirmou publicamente que dispón da mesma subvención da Deputación de Lugo que todas as demais agrupacións do sector na provincia. Lestegás ratificou que foi a propia Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, quen lle adiantou personalmente o pasado 18 de xaneiro a renovación da axuda anual correspondente ó ano 2013. Dita axuda, idéntica para todas as agrupacións profesionais do mar, manterá exactamente o mesmo importe que nas pasadas convocatorias. O patrón fixo estas declaracións tras o encontro que volveu manter esta tarde coa Vicepresidenta da Deputación nas instalacións da Cofradía da localidade focense para seguir traballando en común. Lestegás xa era coñecedor da renovación da axuda para o 2013 dende o encontro que mantivo en xaneiro coa Vicepresidenta na Festa do berberecho de Foz, tamén co-financiada pola área de Lara Méndez en apoio do sector. Do mesmo xeito, o patrón maior da agrupación de pescadores focense subliñou tamén que lles consta que o abono da axuda correspondente ó ano 2012 farase efectivo en breve, unha vez se completen todos os trámites necesarios para o cobro de subvencións. Lestegás recoñeceu que, recentemente, a finais do ano pasado, enviaron á Deputación os derradeiros documentos xustificativos que validan o pago da axuda anual, polo que non dubida do seu cobro. Este é o prazo habitual xa que, as asociacións que deben xustificar subvencións anuais, agardan ó final do exercicio para presentar seu balance xustificativo.     Agora todas, antes só Vicedo Pola súa banda, Lara Méndez destacou que “a institución provincial é a única das deputacións galegas que colabora por igual con todas as agrupacións de pescadores e mariscadoras da provincia”. Pero o esforzo non remata aí, a pesares de que o Goberno Central volveu reducir este ano o orzamento da Deputación de Lugo: “as axudas da institución provincial dirixida por Gómez Besteiro duplican a contía que destinaba o anterior goberno provincial do PP ás cofradías, que só beneficiaba a unha, a do Vicedo”. Para a Vicepresidenta este é un exemplo máis de como a Deputación hoxe xestiona mellor e busca o interese xeral. Lara Méndez lembrou que “hoxe absolutamente todas as cofradías dispoñen dunha subvención da Deputación e ademais idéntica. A pesares de que as competencias neste sector corresponden en Galicia á Xunta, a Deputación suma un ano máis e potencia a economía do mar”. Todas as subvencionadas son: Cofradía de Pescadores do Vicedo, Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo, Cofradía de Pescadores de Burela, Cofradía de Pescadores de San Ciprián, Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e a Cofradía de Pescadores de Foz.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar