• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Un capítulo más sobre la sanidad en la Mariña

-El PP presenta iniciativas en el Parlamento y en todos los ayuntamientos mariñanos asumiendo el compromiso de blindar los servicios e impulsar la ampliación del Hospital da Costa -Feijóo anuncia el primer paso para “ampliar, modernizar y mejorar” el Hospital da Costa -Unas 4.000 firmas avalan la demanda social para contar con una gestión integrada propia. -La ejecutiva del PSdeG-PSOE renuncia al trato de alcalde para José María González Barcia por ser un simple mandado de Feijóo -El comité local del BNG en Burela critica la actuación del alcalde, González Barcia, por dejar marchara a Lugo la gestión del Hospital da Costa.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 10'Actualizado 27 may 2017

Alcaldes, portavoces locais e dirixentes do Partido Popular da Mariña ofreceron hoxe unha rolda de prensa xunto ao seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro para dar conta da intención desta formación política de presentar unha batería de iniciativas tanto no Parlamento galego como en todos os concellos da Mariña, na que asumen diante da cidadanía o compromiso de blindar os servizos e consultas que na actualidade existen no Hospital da Costa e de impulsar a ampliación deste centro hospitalario. A iniciativa dos populares ten por obxecto facer desaparecer calquera tipo de dúbida ou precaución  en relación coa posición do Partido Popular e da Xunta –na que teñen a responsabilidade de goberno- e deixar claro que todos e cada un dos cargos públicos do PP “seremos os primeiros en defender o Hospital da Costa e nunca consentiremos un retroceso, todo o contrario, só defenderemos a súa mellora”. De feito a proposta de acordo inclúe tres puntos –que os populares cualifican como compromisos básicos imprescindibles- como son: 1)   Garantir a continuidade de todos os servizos, unidades e consultas existentes no Hospital da Costa de Burela e incluso desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial. 2)   Manter o actual mapa sanitario do Sistema Público de Saúde na provincia de Lugo de tal xeito que se manteña a área sanitaria da Mariña (Cervo-Burela) e incluso reforzala xa que logo o xerente executivo desta área terá baixo a súa responsabilidade non só o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria da comarca. 3)   Levar adiante, de inmediato, a ampliación do Hospital da Costa, co fin de adaptalo á actual demanda asistencial, á mellor prestación para os pacientes e á realización do traballo dos profesionais con seguridade e calidade. PASO HISTÓRICO LOGO DE 27 ANOS DA SÚA INAUGURACIÓN Respecto deste último punto os populares valoraron moi positivamente o paso histórico que supuxo o aval do Consello da Xunta para que no día de mañá o Diario Oficial de Galicia publique a licitación do Plan Director do Hospital da Costa, que fará realidade a ampliación do centro. Os populares lembraron que este foi o principal compromiso electoral asumido polo PP coa comarca nesta lexislatura. “Dixémolo e estamos cumprindo. Houbo promesas, pero nunca antes nos 27 anos de historia deste centro ningún outro Goberno iniciou os trámites oficiais para facer realidade esta ampliación. O Consello da Xunta, presidida por Alberto Núñez Feijóo vén de autorizar a redacción do seu Plan Director e arquitectónico, isto é o primeiro paso do procedemento administrativo polo que se saca a concurso o documento que dirá cómo, canto, de que xeito e con que condicións poderemos facer do Hospital da Costa un centro mellorado, un gran complexo sanitario na nosa comarca, preparado para dar resposta ás necesidades actuais e futuras” O HOSPITAL DA COSTA: CENTRO DE REFERENCIA PARA A MARIÑA O Partido Popular insistiu finalmente en que a creación dunha estructura de xestión integrada a nivel provincial non supón que a xestión da saúde dos mariñans pase a depender ou decidirse en Lugo, como algúns aseguran, senón que o que fai é crear un órgano de coordinación das tres áreas sanitarias lucenses (Lugo, Norte e Sur). “Coordinar non é perder autonomía, nin capacidade económica, nin servizos, todo o contrario, cunha xestión coordinada poden facerse mellor as cousas e gañar en calidade, ofrecer unha mellor asistencia sanitaria pública para os lucenses” Desde o Partido Popular insisten en que a área sanitaria da Mariña seguirá dirixida por un xerente executivo que verá ampliada a súa competencia de xestión, xa que ademais da dirección do hospital acumula a de todos os centros de saúde.  Por outra banda sinala que como aconteceu nos hospitais de Verín ou Valdeorras, a xestión integrada tamén da pé a contar con novos servizos: quimioterapia, cirurxía vascular, etc... así como a evitar desprazamentos de pacientes ata Lugo. “Todo o que se poida resolver en Burela, se fará aquí, porque ao SERGAS lle resulta antieconómico e, o que é máis importante, ilóxico desde o punto de vista da atención aos pacientes, ter que obrigalos a desprazarse a Lugo para algo que poden resolver ao carón do seu fogar”.   O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a licitación da redacción do Plan director do hospital público da Mariña luguesa como o primeiro paso para materializar o compromiso de “ampliar, modernizar e mellorar” a infraestrutura sanitaria. Avanzou que esta actuación, que mañá publicará o Diario Oficial de Galicia, establece un prazo de execución de 4 meses, polo que confiou en que “ao longo deste ano 13 podamos xa iniciar o proxecto construtivo da ampliación do Hospital da Mariña luguesa”. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que ampliar o Hospital da Costa fai realidade un compromiso que asumiu persoalmente e do que se sinte “satisfeito” porque é consciente de que “a  sanidade pública da Mariña necesita reaildades concretas” e  de que  “nese lugar, nesa Área Sanitaria da Mariña luguesa, era necesario tomar esa decisión hai tempo”. A licitación anunciada, dixo, vén blindar unha actuación que busca dotar o Hospital da Costa de “máis capacidade para prestar un servizo público hospitalario en mellores condicións de capacidade asistencial e de confort hospitalario”. O titular da Xunta apuntou que o pasado 6 de marzo se lle remitiu o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea e mañá se publicará nos mesmos termos no Diario Oficial de Galicia. Segundo concretou, logo de analizar as distintas posibilidades, se escolleu a ampliación do hospital polo lateral leste “como a opción máis viable”, e a distribución dos servizos e unidades será a seguinte:  no andar semisoto, hospital de día e unidade de diálise; no andar baixo, consultas externas _unha ampliación que definiu como “un déficit perfectamente localizado e coñecido polo Servizo Galego de Saúde-; e nos andares primeiro e segundo, ciruxía e hospitalización. Racionalizar a Administración para mellorar os servizos públicos  “Ter apostado de forma continuada pola racionalización da Administración é unha das razóns que nos está a permitir ter marxe financeira para blindar e mellorar incluso, a pesar da crise económica, os servizos públicos”, afirmou Alberto Núñez Feijóo, quen cualificou de “difícil pero necesaria” a decisión de levar a cabo a ampliación e mellora do Hospital da Costa de Burela. O presidente da Xunta remarcou que con esta actuación “seguimos a dar pasos para mellorar a sanidade pública”, logo de ter rematado e equipado na anterior lexislatura o Hospital de Lugo e tendo en plena construcción a ampliación de urxencias do Hospital da Coruña, ao igual que o novo hospital público de Vigo, e desbloqueada e licitada a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou o “plantón de alcaldes e representantes do PP na comarca” de “desprezo aos intereses sanitarios da comarca” que ven a sumarse á negativa do Partido Popular sumar esforzos con esta plataforma, á que foron convidados en reiteradas ocasións, para unir ás forzas sociais e políticas na defensa dunha área de xestión integrada para A Mariña e evitar dependencias alleas que van diminuír  a calidade asistencial sanitaria na nosa bisbarra. A Plataforma explica que boa proba do sentir popular da Mariña está na recollida de sinaturas a favor da autonomía sanitaria comarcal xa que en pouco tempo xa se levan recollidas preto de 4.000 sinaturas de sanitari@s e usuari@s que nos próximos días serán dirixidas á Consellaría de Sanidade. A PLATAFORMA LAMENTA O PLANTÓN DE ALCALDES E REPRESENTANTES DO PP NA MARIÑA Á CONVOCATORIA DE FACULTATIVOS DO HOSPITAL DA COSTA PARA EXPLICAR OS EFECTOS DUNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROVINCIAL. A plataforma cualificou como “desprezo aos intereses sanitarios da comarca” o plantón de alcaldes e representantes do Partido Popular á convocatoria efectuada por facultativos do Hospital da Costa que tiña como único fin explicar os efectos sobre a calidade asistencial na Mariña do decreto de xestión integrada de ámbito provincial que a Consellaría pretende aprobar nas próximas datas. A Plataforma non quixo deixar pasar as contradicións entre as promesas dos representantes do PP na Mariña que anunciaron a implantación dun servizo de quimioterapia na comarca que despois foi desmentido polo propio SERGAS e pediron a estes dirixentes políticos que “deixen de mentir e xogar coa dor da xente porque xa perderon a pouca credibilidade que lles podía quedar ”. Para a Plataforma este plantón ven a sumarse aos xa recibidos por estes representantes políticos diante dos reiterados convites que lles levamos feito para unir esforzos no interese de reclamar unha área de xestión integrada de ámbito comarcal pola que levamos traballando dende fai preto de tres anos. Non é de recibo, reiteraron, “que sexan unicamente os dirixentes do PP os que se manteñan alleos a esta demanda maioritaria das forzas sociais, políticas, sindicais e dos profesionais sanitari@s da comarca” e volveron reivindicar “un cambio de actitude destes dirixentes que no canto de retratarse ao lado da sociedade que os votou fano ao lado de intereses partidistas” PRETO DE 4.000 SINATURAS XA AVALAN UNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA PARA A MARIÑA QUE SE FARÁN CHEGAR Á CONSELLARÍA DE SANIDADE. A Plataforma informou que “xa existen preto de 4.000 sinaturas de profesionais sanitari@s e usuari@s da comarca avalando unha área de xestión integrada propia para A Mariña, a adecuación do cadro de persoal sanitario ás necesidades da comarca e o cumprimento das promesas en relación á ampliación do Hospital da Costa”. Para a Plataforma “esta é unha boa proba do sentir da sociedade ao que algúns non queren sumarse” e pediron un último esforzo para continuar coa recollida a fin de presentalas como aval diante da Consellaría de Sanidade para facerlle entender que a sanidade pública non pode ser vista dende un punto de vista mercantil senón como un servizo público esencial para a sociedade.   Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos informar ós veciños e veciñas de Burela que para esta Comisión Executiva un alcalde serio e responsable é aquel que defende os intereses dos seus veciños por encima de quen sexa sen importarlle as cores políticas e sen ter que renderlle pleitisía e obediencia a ninguén que non sexan os seus veciños e veciñas. Despois das actuacións do que di ser o alcalde de Burela, Sr Barcia, e o que tamén di ser o seu equipo de goberno no Concello de Burela no asunto referido á defensa do noso Hospital. Queremos informar a todos os veciños e veciñas do noso pobo que dende o día de hoxe esta Comisión Executiva non vai a recoñecer ó Sr Barcia como alcalde deste pobo e imos a referirnos a el sempre como o representante do Partido Popular no Concello de Burela ó igual que faremos cós concelleiros do Partido Popular, ós que igualmente que ó Sr. Barcia imos a recoñecer nin máis nin menos que como representantes do Partido Popular no Concello de Burela pero en ningún caso como representantes dos veciños e veciñas xa que veñen demostrando que son uns simples mandados do Sr Feijoo e da cúpula do Partido Popular galego e en ningún caso lles importan o máis mínimo os intereses da xente á que deberían de representar, que son os veciños e veciñas de Burela. Dende esta Comisión Executiva reiteramos  o noso apoio para que a Mariña e o seu Hospital sexan recoñecidas como área de xestión única sen ningún tipo de dependencia de Lugo tal e como o Partido Popular quere facer, e reafirmar o noso compromiso de que estaremos apoiando sempre a todos aqueles colectivos que teñan estas mesmas pretensións con independencia de ideoloxías. Botamos de menos a asociacións que sempre se caracterizaron na loita polos servizos do pobo, como cando se loitou tanto para que se fixeran as autopsias no noso Hospital, loita que se abandonou pouco despois. Para rematar o Sr Barcia quedou nestes días totalmente desprestixiado tanto como político como persoa e non podemos entender como pode darlles "plantón" ós facultativos do propio Hospital de Burela para poder escoitalos e contrastar opinións para un asunto no que está claro que o diálogo é fundamental xa que nos estamos a xogar o futuro da Sanidade Pública na Mariña e en Burela.  Que non lle caiba dúbida ó Sr Barcia de que os veciños e veciñas de Burela non esquecerán a traizón que, o que debía de ser o máximo defensor do Hospital lles está a facer.   O Consello Local do BNG, en reunión mantida esta mesma semana valorou de xeito moi negativo a perda de autonomía do Hospital da Costa, que pasará a estar xestionado desde Lugo. O BNG de Burela manifesta o seu total desacordo coa Área Sanitaria Integrada de ámbito provincial que nos impuxo o presidente da Xunta, facendo caso omiso á multitude de voces que reclaman a xestión autónoma do Hospital da Costa. A nova organización suporá un grande retroceso na asistencia sanitaria e un grave trastorno para a veciñanza de Burela e de toda A Mariña, que se verá afectada pola perda de servizos e estará obrigada a desprazarse a Lugo como acontecía hai case trinta anos. Ante unha cuestión tan importante como esta, o alcalde de Burela, quen se supón que debe estar á cabeza na defensa dos intereses da nosa vila e dos veciños e veciñas, está a actuar irresponsablemente. No canto de velar polo ben colectivo e das maiorías, está a ser cómplice da barbaridade que se está cometendo con Burela e con toda a comarca. O Sr. Barcia está fóra de xogo e aínda non se decatou, ou máis ben non se quixo decatar da gravidade do problema. O que está claro é que prefire calar e facer o que lle mandan no seu partido que dar a cara polo ben de todos e todas. En palabras de Neves Cando, portavoz municipal do BNG, “é realmente triste que o Sr. alcalde non traballe polo interese xeral dos veciños e veciñas de Burela nun tema de tanta importancia como é a atención sanitaria. O Sr. Barcia antepón os seus intereses partidarios ao interese xeral, aínda que estes vaian en detrimento dos servizos públicos básicos. O silencio do alcalde nunha cuestión fundamental para o benestar de toda a veciñanza non se explica se non por unha postura covarde e de total seguidismo aos recortes e á austeridade que lle marcan desde a Xunta de Galiza”. Por outra banda, desde o propio Consello Local do BNG cualificamos como “un auténtico insulto aos burelaos e burelás o congreso que o PP provincial celebrou na nosa vila, xusto unha semana antes de que o presidente da Xunta anunciase a Área Sanitaria Integrada dependente de Lugo. Consideramos que foi unha burla en toda regra a visita a Burela da ministra, varios conselleiros e mesmo o presidente da Xunta, o Sr. Feijoo, que nos veu vender a ampliación do Hospital como un grande logro da xestión do PP”. Para Neves Cando, “viñeron anunciar a ampliación do Hospital e calaron sobre a súa xestión, cando xa tiñan decidido o seu futuro inmediato. O Sr. Barcia, anfitrión do congreso e mestre de cerimonias, cansouse de anunciar nos medios a celebración do congreso provincial do PP como un grande logro para Burela, cando o verdadeiro logro sería que o Hospital da Costa manteña a súa autonomía e a partir de aí poda ver ampliados e mellorados os seus servizos”. Segundo a concelleira nacionalista, “Barcia, ao igual que Feijoo, mete máis medo polo que cala que polo que di, porque cando di algo, temos a certeza de que fará todo o contrario do que dixo, e pola contra, cando non di nada, sabemos que algo malo nos oculta”. Como sempre, os máis prexudicados seremos os veciños e veciñas de Burela, que nos veremos afectados pola perda de servizos básicos ante a pasividade dun alcalde que só pensa no seu interese persoal e en cumprir todo o que lle ordenen desde a cúpula do seu partido. O BNG continuará a traballar polos servizos públicos básicos e polo interese xeral dos veciños e veciñas de Burela e insta ao alcalde a que comece a traballar de inmediato pola autonomía do Hospital da Costa e polo futuro de Burela e dos nosos veciños e veciñas.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Classics presentación

Classics presentación

Con José Luis Garci

Ver TRECE