También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

BURELA | La Plaza do Concello acogerá el domingo una jornada gimnasia aeróbica para celebrar el Día Mundial de la Salud

A praza do Concello será escenario o vindeiro domingo, 7 de abril, dunha xornada de ximnasia aeróbica para celebrar o día mundial da saúde, segundo informa a Concellería de Sanidade. Diana Durán indica que “este domingo, 7 de abril, para conmemorar o día mundial da saúde, vaise desenvolver, para todos e todas as persoas do noso Concello, que o desexen, a actividade que leva por nome A saúde dalle vida a túa vida, a través da cal os asistentes poderán disfrutar dunha clase de ximnasia aeróbica impartida por a Asociación Cultural Tabanca”. Será de 12 a 13 horas na praza do Concello, “pero en caso de inclemencias meteorolóxicas a xornada trasladaríase ao Local de Asociacións (antiga praza de abastos”. Durán convida “a todos os bureleses e burelesas a asistir a esta xornada e a pasar unha mañá de domingo distinta e o máis saudable posible”.

Lo más visto