• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El alcalde, González Barcia, anima a los ciudadanos a acudir a la recepción oficial que el Ayuntamiento ofrecerá al Burela FSF el jueves 16 de mayo a las 20:30 horas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O rexedor explica que “mañá, xoves, ás oito e media da tarde vai haber unha recepción oficial, tal e como estaba previsto, por parte do Concello de Burela ás xogadoras, adestrador, corpo técnico, presidente, xunta directiva e patrocinadores do equipo Burela Fútbol Sala Feminino Pescados Rubén con motivo de terse proclamado campioas de liga de división de honra do fútbol sala feminino a nivel nacional o pasado sábado nese encontro, que xa non se nos borrará das nosas retinas, celebrado no pavillón Vista Alegre”. González Barcia convida “a tódolos cidadáns e a tódalas cidadás a asistir á Praza do Concello o próximo xoves ás oito e media da tarde para participar de forma directa nesta recepción oficial ás xogadoras, que vai consistir fundamentalmente na entrega por parte do Concello, en representación de tódolos veciños e veciñas, dunha placa alusiva a este importante feito eu xa diría que histórico para o deporte burelés, para o deporte lucense e para o deporte galego. Farase entrega tamén da figura institucional do Concello de Burela como agradecemento de tódolos cidadáns e de tódalas cidadás a estas xogadoras, ao seu adestrador, corpo técnico, etcétera polo histórico logro que teñen acadado o pasado sábado”. O alcalde engadiu que “para nosoutros é unha honra poder contar cun equipo que ten chegado a cotas tan altas e creo que a nosa obriga é, sexamos ou non afeccionados ao deporte, sexamos ou non afeccionados ao fútbol sala, recoñecerlles a estas xogadoras o enorme mérito e a importancia do feito histórico que teñen conseguido. Polo tanto convido a tódolos veciños e veciñas a participar de forma activa nesta recepción ao club o próximo xoves ás oito e media da tarde na Casa do Concello”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar