• Martes, 07 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MONDOÑEDO | El ayuntamiento mindoniense convoca los premios de poesía "Díaz Jácome" y "Manuel Leiras Pulpeiro"

El Ayuntamiento de Mondoñedo con el patrocinio del Área de Cultura de la Diputación Provincial de Lugo, con el afán de estimular la creación poética entre los jóvenes, tiene convocado dos concursos literarios. El primero es el XIV Premio de Poesía Díaz Jácome para nuevos creadores o el II Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro; cons esta iniciativa el ayuntamiento quiere colaborar en la promoción de escribir en gallego. El plazo para presentar los trabajos termina el 8 de julio y deben ser remitidos al Ayuntamiento de Mondoñedo. Los premios se entregarán en una gala prevista para el otoño.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

BASES XIV PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME PRIMEIRA. Poderán optar ó premio tódalas persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade. SEGUNDA. Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarado deserto o premio. TERCEIRA. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor. CUARTA. Deberán presentarse tres orixinais en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo. QUINTA. Os orixinais  non poderán ir asinados nin levarán inscrición algunha que puidera suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título. En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema. O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base. SEXTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 8 de xullo do ano 20113, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data. As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:                         Concello de Mondoñedo                         Praza do Concello, 1                         27740   Mondoñedo (Lugo) Coa indicación:             XIV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. SÉTIMA. O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en novembro de 2013. A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de  Mondoñedo no mes de decembro. No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuizo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos. OITAVA. Este concurso consta de tres premios: Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.             Segundo premio:    600 Euros, Placa e Diploma.             Terceiro  premio:   300 Euros, Placa e Diploma. NOVENA. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos. DÉCIMA. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas. UNDÉCIMA. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución. DUODÉCIMA. O fallo do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.   BASES II PREMIO DE POESÍA MANUEL LEIRAS PULPEIRO PRIMEIRA. Poderá concorrer ó premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG. SEGUNDA. Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio. TERCEIRA. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre. CUARTA. Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo. QUINTA. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e título. En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso. O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base. SEXTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 8 de xullo do ano 2013, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data. As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:                         Concello de Mondoñedo                         Praza do Concello, 1                         27740   Mondoñedo (Lugo) Coa indicación:                         II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. SÉTIMA. O Xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario, emitirá o seu fallo en outubro de 2013. A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono. No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos. OITAVA. Este concurso consta de tres premios:             Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.             Segundo premio:    600 Euros, Placa e Diploma.             Terceiro  premio:   300 Euros, Placa e Diploma. NOVENA. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeira edición da obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. DÉCIMA. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas. UNDÉCIMA. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución. DUODÉCIMA. O fallo do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado