A RAG inclúe no seu dicionario o termo “alfombreiro” tras anos de loita dos veciños de Ponteareas

A entrada recolle desde agora a acepción vinculada ás alfombras florais galegas, tras anos de reivindicacións por parte da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas (Pontevedra)

00:00

Redacción COPE Vigo

Vigo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Real Academia Galega (RAG) vén de incorporar ao seu dicionario a palabra “alfombreiro, -a”, dando resposta á histórica reivindicación da comunidade alfombrista de Ponteareas, que levaba anos loitando por un recoñecemento específico para a súa arte das alfombras florais.

A nova entrada recolle unha acepción xeral como persoa que confecciona, arranxa ou vende alfombras, pero incorpora tamén a definición vinculada á tradición das alfombras florais, unha expresión cultural moi salientable na vila ponteareá.

Campaña de reivindicación cultural

A inclusión prodúcese logo dunha intensa campaña da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, que promoveu xestións tanto perante a RAG como á RAE. O obxectivo según o seu presidente, Miguel Ángel García Correa, era que se recoñecera non só o sentido industrial ou comercial do termo, senón tamén o seu valor cultural, vencellado á confección de alfombras con flores e materiais naturais para festas e rituais.

A entidade contou co apoio institucional e coa colaboración do profesor Darío Villanueva, e puxo o foco na necesidade de dar visibilidade a unha arte efémera transmitida de xeración en xeración.

Cara ao recoñecemento da UNESCO

Esta conquista chega mentres a tradición das alfombras florais galegas aspira a ser recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Cómpre lembrar que o Corpus Christi de Ponteareas xa está declarado Ben de Interese Cultural Inmaterial pola Xunta de Galicia.

A incorporación de “alfombreiro” ao dicionario supón afianzar no léxico galego un dos elementos máis representativos do noso patrimonio, visibilizando e poñendo en valor o labor de todas as persoas que manteñen viva esta tradición por toda Galicia.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE VIGO

COPE VIGO

Programas

Último boletín

13:00 H | 12 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking