Salcedo (Pontevedra) repara as súas cabanas prehistóricas nunha acción veciñal de conservación do patrimonio

Voluntarios e membros da Comunidade de Montes de Salcedo acometeron traballos de restauración nas catro cabanas prehistóricas do Outeiro das Mouras, danadas polas recentes treboadas

Comunidade de Montes de Salcedo

Comunidade de Montes de Salcedo

Redacción COPE Pontevedra

Pontevedra - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Durante a fin de semana, a Comunidade de Montes de Salcedo levou a cabo unha nova intervención no Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de O Outeiro das Mouras, co obxectivo de reparar os desperfectos sufridos polas catro cabanas da zona a causa das treboadas dos últimos meses.

Baixo a coordinación do antropólogo Rafael Quintía e do presidente da Comunidade de Montes, Fernando Pintos Pereira, un grupo de voluntarios e voluntarias traballou a man e con escaleiras para subir palla e adobe, os materiais tradicionais cos que están feitas estas construcións de recreación arqueolóxica.

Traballo dos voluntarios

Traballo dos voluntarios

 Un espazo educativo e turístico vivo  

Durante os traballos de restauración, coincidiu casualmente a visita dun grupo de escolares do CEIP Antonio Fernández López, de Oural (Sarria), que se atopaban nas Rías Baixas nunha excursión organizada pola ANPA. Esta coincidencia permitiu ao alumnado observar de primeira man o proceso de mantemento do patrimonio, engadindo valor educativo á experiencia.

 Compromiso coa memoria colectiva  

Desde a Comunidade de Montes salientaron que a actividade non só serviu para preservar un elemento identitario da parroquia, senón que tamén foi un exemplo de traballo colectivo e implicación cidadá.

O presidente da entidade, Fernando Pintos Pereira, agradeceu a colaboración de todos os participantes e reafirmou o compromiso de seguir promovendo este tipo de accións que, segundo indicou, “fortalecen os lazos comunitarios e protexen o noso legado”.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Programas

Último boletín

13:00H | 21 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking