• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

As vidreiras da basílica de Santa María a Maior, un dos elementos ornamentais que loce nova imaxe este Xacobeo

As obras de restauración permitiron correxir o deterioro deste ben de interese cultural

Carlos Rosón, o arquitecto do proxecto: "Protexemos as cubertas, as cresterías e as vidreiras"

Audio

Redacción de PontevedraPontevedra

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 28 sep 2021

A Real Basílica de Santa María a Maior é un dos emblemas arquitectónicos de Pontevedra e unha parada obrigatoria polos milleiros de peregrinos que percorren a 'Boa Vila' no seu camiño cara Santiago de Compostela.

A súa construcción iniciouse no século XVI, na zona alta do casco histórico da cidade, onde anteriormente existía unha igrexa románica. En 1962, por orden do Papa Juan XXIII, foi declarada basílica.

O templo, que acolle a primeira parroquia da cidade, é de estilo gótico tardío-plateresco, con influencias de estilo manuelino portugués e renacentista.

O templo foi construido no século XVI por iniciativa do Gremio de Mareantes

O templo foi construido no século XVI por iniciativa do Gremio de Mareantes



Nova cuberta e vidreiras

As filtracións de auga na nave principal, froito da entrada da choiva polas cubertas, foi unha das necesidades que movilizou á Xunta de Galicia a invertir máis de 275.000 euros para mellorar a envolvente do inmoble co cambio das tellas e a reposición dalgunhas placas deterioradas, así como a reparación dos canais de evacuación da auga da cuberta, que se impermeabilizaron, xunto coa terraza da torre do campanario.

A intervención contemplou tamén a mellora das condicións de ventilación interior a través da "restauración de todas as vidreiras" da Basílica que contan cun "vidrio protector" para evitar o seu deterioro e posibles actos vandálicos, explicou na súa entrevista en Cope o arquitecto do proxecto, Carlos Rosón.

Vidreiras Basílica

As vidreiras da Real Basílica restauráronse e protexéronse fronte a posibles actos vandálicos









Aderradeira actuacióncontemploua restauración da crestería de final da cuberta, a incorporación de ventilación permanente, xunto a limpeza e rexuntado con morteiro de cal das fachadas da ábside e sur.

O prazo de execución das obras foi de catro meses e permitiu correxir o deterioro deste inmoble e restaurar os elementos ornamentais de carácter singular.

Tarefas pendentes

O arquitecto do proxecto, Carlos Rosón, considera que "a limpeza da fachada" e intervir no resto da cuberta deben ser os próximos traballos a executar na basílica de Santa María a Maior.

A actuación centrouse na envolvente do inmoble e na consolidación dos elementos pétreos de carácter ornamental

A actuación centrouse na envolvente do inmoble e na consolidación dos elementos pétreos de carácter ornamental




BIC dende 1931

O templo relixioso disfruta da consideración de ben de interese cultural (BIC) coa categoría de monumento dende 1931.

Entre os elementos de interese, destaca a magnífica portada de estilo plateresco que, a modo de tapiz, queda enmarcada entre dous contrafortes. Os grupos escultóricos da Asunción da Virxe e do Tránsito resaltan dentro dos motivos decorativos do conxunto.

Gremio de Mareantes

O Gremio de Mareantes foi a entidade civil máis antiga de Pontevedra e a primeira entidade gremial asociada ao mar en España. A súa capacidade económica, producto da actividade pesqueira, fundamentalmente da sardiña e do aceite obtido do seu prensado, levou ao gremio a promover e costear as obras.

A pesar da súa solvencia, tiveron que pedir axuda a fidalgos que construiron as súas propias capelas, para financiar a actuación debido á envergadura do proxecto.

A construcción de Santa María a Maior prolongouse durante un século.

Horario de visitas

O horario de apertura é de 9.30 a 13.30 horas pola mañán e de 17.00 a 21.00 horas pola tarde.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar