Xunta e Fundación Otero Pedrayo destacan a calidade dos traballos dos estudantes de ESO e Bacharelato

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participa na entrega dos IV Premios Otero Pedrayo en Trasalba que pretenden fomentar o coñecemento desta figura singular entre a mocidade

Acto de entrega dos premios no Pazo-Museo Otero Pedrayo

Acto de entrega dos premios no Pazo-Museo Otero Pedrayo

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, entregou os galardóns da cuarta edición do Premio Otero Pedrayo a estudantes de Secundaria e ESO resaltando a calidade e variedade dos traballos presentados dun certamen impulsado desde a Fundación Otero Pedrayo co apoioda Xunta de Galicia. O secretario xeral da Lingua incidiu no compromiso da Xunta coa promoción da lingua galega entre a mocidade e en contextos moi variados.

No acto de entrega no Pazo-Museo de Trasalba, o traballo “Bocarribeira” presentado por estudantes de Bande gaña o premio Otero Pedrayo en Bacharelato e un podcast cargado de humor de alumnos de Vigo son premiados na categoría de ESO.

Na categoría de Bacharelato o xurado acordou concederlle o premio a “Bocarribeira”, traballo presentado polas alumnas Marta Bouzo Álvarez e Aldara Rodríguez Rodríguez de primeiro curso de Bacharelato do IES Aquis Querquernis de Bande. A peza audiovisual rende homenaxe á literatura na obra poética de Ramón Otero Pedrayo.

Na categoría de ESO, o xurado decidiu premiar o traballo grupal presentado baixo o pseudónimo “O borracho”, un podcast cargado de humor e actualidade presentado polo alumnado de terceiro da ESO do IES Alexandre Bóveda de Vigo.

Ademais dos gañadores nomeados, o xurado do premio Otero Pedrayo para estudantes concedeu un accesit ao traballo ”Fálase tanto… e con tan pouco tino” presentado polo grupo de 4º ESO do IES Breamo de Pontedeume. O alumnado converteu en historia ilustrada o conto de don Ramón “O purgatorio de don Ramiro”.

No acto participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira; e Xesús Alonso Montero e María José Bravo Bosch en representación do xurado.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Programas

Último boletín

13:00 H | 19 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking