O traballo "Bocarribeira" de alumnos de Bande (Ourense) gaña o premio Otero Pedrayo en Bacharelato

Un podcast cargado de humor e actualidade presentado por estudantes do IES Alexandre Bóveda de Vigo vence na categoría de ESO 

O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, durante a súa intervención na entrega de premios no pasado ano

O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, durante a súa intervención na entrega de premios no pasado ano

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O traballo “Bocarribeira” presentado por estudantes de Bande gaña o premio Otero Pedrayo en Bacharelato e un podcast cargado de humor de alumnos de Vigo son premiados na categoría de ESO.

A Fundación Otero Pedrayo anunciou os gañadores do Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato. Na categoría de Bacharelato o xurado acorda concederlle o premio a “Bocarribeira”, traballo presentado polas alumnas Marta Bouzo Álvarez e Aldara Rodríguez Rodríguez de primeiro curso de Bacharelato do IES Aquis Querquernis de Bande. A peza audiovisual rende homenaxe á literatura na obra poética de Ramón Otero Pedrayo.

Na categoría de ESO, o xurado decide premiar o traballo grupal presentado baixo o pseudónimo “O borracho”, un podcast cargado de humor e actualidade presentado polo alumnado de terceiro da ESO do IES Alexandre Bóveda de Vigo.

Ademais dos gañadores nomeados, o xurado do premio Otero Pedrayo para estudantes concedeu un accesit ao traballo ”Fálase tanto… e con tan pouco tino” presentado polo grupo de 4º ESO do IES Breamo de Pontedeume. O alumnado converteu en historia ilustrada o conto de don Ramón “O purgatorio de don Ramiro”.

Nesta cuarta edición, o xurado estaba constituído por Gonzalo Allegue, Antón Palacio, Malores Villanueva, María José Bravo Bosch e Patricia Arias Chachero, como secretaria da Fundación, con voz pero sen voto.

A entrega, con todos os premiados, farase o vindeiro xoves 13 de marzo ás 12:00 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba. Ao acto asistirán o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 21 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking