• Viernes, 10 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta somete a consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da variante de Carballo, que suporá un investimento autonómico de máis de 18,7 M?

A Xunta somete a consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da variante de Carballo, que suporá un investimento autonómico de máis de 18,7 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:25

A intervención permitirá que os tráficos de longo percorrido que actualmente discorren a través da trama urbana de Carballo e da AC–552 poidan canalizarse por unha nova vía perimetral pola zona leste do municipio

Trátase de conectar o polígono de Bértoa, a AC–552 e a autovía AG–55, situadas ao norte de Carballo, coa estrada provincial Carballo?Portomouro e coa AC–413, Carballo?Ordes, situadas ao sueste do núcleo urbano da vila

A variante estrutúrase en dous treitos, con orixe e final en interseccións a nivel previstas en forma de glorieta: un tramo de 2.850 metros de lonxitude e o outro de 800 metros, cunha única calzada cun carril por sentido

A Xunta somete a consulta ambiental o proxecto de trazado da primeira fase da Variante de Carballo, ao procedemento de avaliación ambiental simplificada.A actuación suporá un investimento de máis de 18,7 M?, nos que se inclúen os máis de 1,2 M? previstos para as expropiacións dos terreos necesarios para a creación dunha variante pola zona leste do municipio. Trátase de conectar o polígono de Bértoa, a AC–552 e a AG–55, situadas ao norte de Carballo, coas estradas DP–1914 (Carballo?Portomouro) e AC–413 (Carballo?Ordes), situadas ao sueste do núcleo urbano de Carballo. Esta nova estrada permitirá que os tráficos de longo percorrido que discorren actualmente a través da trama urbana de Carballo e da AC–552 poidan canalizarse por unha nova vía perimetral, evitando as molestias xeradas nas travesías que atravesan o núcleo da poboación.En canto ás características da actuación proxectada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a nova estrada estrutúrase en dous treitos, con orixe e final en interseccións a nivel previstas en forma de glorieta: un treito de 2.850 metros de lonxitude (AC–413?AC–552) e outro de 800 metros de lonxitude (DP–1914?AC–413). Estas glorietas permitirán o acceso ás vías radiais interiores que conectan co núcleo urbano. Para o deseño desta intervención, tívose en conta tamén a intensidade media diaria do tráfico no ano horizonte 2045, que se estima oscilará entre os 8.747 e os 11.360 vehículos día, dependendo do treito, e considerouse unha velocidade de proxecto de 80 km/h.A nova variante terá unha única calzada cun carril por sentido e os cruzamentos con calquera outra vía de comunicación ou servidume de paso poderanse efectuar a nivel. Para garantir maior seguridade viaria na contorna, as propiedades colindantes non terán comunicación directa á variante, pero o acceso ás fincas quedará garantido mediante camiños de servizo.A actuación prevé a execución de distintas estruturas, entre as que se inclúen un viaduto de 340 metros de lonxitude sobre o río Anllóns, 2 pasos superiores sobre a variante e un paso inferior baixo a mesma. Tamén se executará un muro de contención de coieira e un marco para o rego Añón. O período de presentación de informes por parte das administracións consultadas estenderase durante un período de 20 días. O documentoestá dispoñible na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: https://cutt.ly/LKGaToeA execución desta primeira fase permitirá, nun futuro, poder prolongar a nova vía cara ao sur, ata alcanzar de novo a AC–552, á altura do enlace de Carballo Oeste da AG–55, pechando por completo unha Variante do núcleo urbano polo sur e polo leste. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar