• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Galicia e o seu labor a prol do sector do viño

A Xunta pon en valor a Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Galicia e o seu labor a prol do sector do viño

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:55

O conselleiro do Medio Rural visitou esta tarde a Estación en Ribadumia, con instalacións como a aula, a adega e o viñedo

Alí, explicáronse as particularidades do proceso de inscrición da variedade vitícola “Folla Redonda” como comercial

Normal 0 21 false false false Ribadumia (Pontevedra), 30 de marzo de 2023 O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, do alcalde de Ribadumia, David José Castro, e do director da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía, Juan Casares, visitaron hoxe as instalacións da Estación, onde fixeron un percorrido pola súa aula, a adega e o viñedo.Ademais, a visita serviu para explicar o proceso de inscrición da variedade vitícola “Folla redonda” como comercial. Dita variedade de vide é un híbrido produtor directo de primeira xeración, implantada sobre todo na comarca do Salnés a finais do século XIX–comezos do XX. Desde os anos 60 vénse promocionando nunha festa popular na localidade de Barrantes, en Ribadumia, polo que tamén é coñecida como “Tinto Barrantes”. Para poder proceder á súa autorización para a produción de viño comercial, cabe demostrar que é un híbrido no que participe unha Vitis vinífera, rexistrala no Rexistro de Variedades Comerciais de Vide de España e demostrar o seu potencial previa avaliación ou xustificar a súa antigüidade, interese e adaptación local. Nesa liña, de cara ao rexistro, a Estación de Viticultura e Enoloxía ten previsto a localización de exemplares de “Folla Redonda” coa consecuente obtención de púas, corroboración da identidade varietal e a avaliación da ausencia de enfermidades transmisibles; a obtención das 15 plantas enxerto, a solicitude e pago de taxas do rexistro e a entrega do material á Oficina Española de Variedades de Vide.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar