Xunta de Galicia
A Xunta inicia as obras do aparcadoiro disuasorio de San Xoán, en Ferrol, nas que inviste máis de 780.000 euros

A Xunta inicia as obras do aparcadoiro disuasorio de San Xoán, en Ferrol, nas que inviste máis de 780.000 euros
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Trátase da execución do novo estacionamento para o fomento de vehículo compartido que se sitúa nun lugar estratéxico de entrada e saída da cidade, ao carón da glorieta que comunica o comezo do núcleo urbano de Ferrol coa FE–13
O obxectivo da Xunta de iniciar as obras o pasado ano viuse demorado pola falta de resposta ás reiteradas solicitudes das preceptivas autorizacións de Estradas do Estado e tamén de Adif, entidade esta última que non remitiu a autorización ata o 10 de xaneiro
Os traballos iniciados no día de hoxe teñen un prazo de execución de 6 meses, polo que a previsión é que o aparcadoiro disuasorio de San Xoán estea en servizo este verán
O aparcadoiro terá máis de 2.800 m², disporá dun total de 87 prazas de estacionamento, 3 delas para mobilidade reducida e 3 con preinstalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos
Respondendo á petición dos veciños, disporanse 2 marquesiñas nas dúas marxes da rúa Souto, para facilitar a accesibilidade ao transporte público
Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses, polo que a previsión da Xunta é que o aparcadoiro disuasorio de San Xoán, en Ferrol, estea operativo e en servizo neste mesmo verán.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



