• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ampliará as prazas dispoñibles no centro de día público de Baiona

A Xunta de Galicia ampliará as prazas dispoñibles no centro de día público de Baiona

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:35

Incrementarase a oferta deste servizo ata practicamente a súa máxima capacidade, que son 40 usuarios

Baiona (Pontevedra), 27 de xuño de 2022 A Xunta de Galicia ampliará o número de prazas dispoñibles no centro de día público para persoas maiores de Baiona. Avanzouno hoxe o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, durante unha visita a estas instalacións ás que asisten diariamente 25 usuarios.Perfecto Rodríguez explicou que o Executivo autonómico vén de iniciar os trámites para ampliar o número de prazas operativas no centro, co fin de incrementar a súa oferta ata practicamente a súa máxima capacidade, que é de 40 prazas. Ao respecto, sinalou que con esta medida poderase atender a más familias dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, que conforman a Mancomunidade do Val Miñor, e que teñen interese en que os seus maiores se beneficien dos coidados e a atención integral que se presta neste equipamento.Así mesmo, o xerente do Consorcio sinalou que os centros de día da rede pública da Xunta funcionan desde hai meses con normalidade. Unha vez deixados atrás os momentos máis duros da covid–19, os centros retomaron as súas actividades habituais e co retorno aos mesmos de moitos usuarios que decidiron quedar nas súas casas durante a pandemia.Mochilas sensoriais Perfecto Rodríguez aproveitou a visita ao centro de día de Baiona para asistir á presentación das chamadas 'mochilas sensoriais', xunto co alcalde do concello de Nigrán, Juan Gómez, e outros representantes da Mancomunidade.Trátase dun dispositivo que permite ás persoas xordas ou con dificultades auditivas percibir a través de vibracións a intensidade e ritmo da música. Os maiores do centro tiveron a oportunidade de probar este dispositivo.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar