• Miércoles, 08 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:45

A convocatoria, dotada con preto de 4 millóns de euros, prevé apoiar ao redor de oito proxectos cos que se busca axudar á creación de novas spin–offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia

Desde a súa posta en marcha en 2016, xa se apoiaron 23 iniciativas que deron lugar a nove empresas e tres licenzas

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2023A Xunta de Galicia ten aberto, ata o próximo 28 de febreiro, o prazo para que os investigadores galegos soliciten os apoios da convocatoria do programa Ignicia para facer realidade a transformación de anos de investigación en tecnoloxías e produtos que resolvan os retos da sociedade e poidan xerar ingresos económicos ás institucións e centros de investigación de Galicia. Os beneficiarios poden ser grupos de investigación de calquera organismo de coñecemento con centro de traballo en Galicia, tanto públicos como privados, xa sexa en universidades, fundacións sanitarias, centros tecnolóxicos e de innovación ou do CSIC en Galicia. Os investigadores deben presentar un proxecto enfocado á comercialización dos resultados da investigación, ben pola vía de licenza, ou ben a través da creación dunha empresa tecnolóxica (spin–off), e por tanto deben contar con capacidade de xerar retornos económicos. A previsión é apoiar ao redor de oito proxectos. O apoio da convocatoria consiste tanto nunha achega económica como en asesoramento para garantir o éxito comercial dos proxectos. As iniciativas que xeren ingresos deberán reintegrar unha porcentaxe destes á Administración, que os reinvestirá en novos proxectos.Doutra parte, as propostas seleccionadas recibirán asesoramento por parte de expertos internacionais e da Axencia Galega de Innovación para a definición e execución do plan de transferencia e comercialización da tecnoloxía. Esta convocatoria forma parte do programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que agrupa as actuacións que a Axencia Galega de Innovación desenvolve, en colaboración coa Fundación Barrié, dirixidas a promover a valorización e a transferencia de resultados da I+D xerada nos centros de coñecemento galegos cara ao tecido produtivo. O programa enmárcase na aposta do Goberno galego por seguir fortalecendo as capacidades do sistema galego de I+D+i e potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, poñendo o foco na transferencia de coñecemento.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar