• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta constata avances na consolidación e crecemento das poboacións de sapoconcho europeo no Parque natural de Corrubedo

A Xunta constata avances na consolidación e crecemento das poboacións de sapoconcho europeo no Parque natural de Corrubedo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 20:55

Ángeles Vázquez subliña que os datos recompilados no marco deste proxecto confirman a “boa saúde” destes réptiles na zona e pon en valor a importancia dos exemplares existentes en Ribeira para garantir a conservación da especie en Galicia

O sapoconcho europeo foi reintroducido na charca de Olveira hai case 20 anos por un equipo da UVigo, o mesmo que analiza agora a súa supervivencia e xenética

Un proxecto impulsado pola Xunta para o seguimento do sapoconcho europeo no Parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán permitiu constatar avances na consolidación e crecemento das poboacións desta especie nas dúas charcas nas que está presente.Así o explicou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou este espazo natural acompañada polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, para comprobar in situ o hábitat natural destes réptiles, que figuran como “en perigo de extinción” no Catálogo galego de especies ameazadas.Os labores de seguimento do sapoconcho no parque natural comezaron o pasado outono, coa recollida sobre o terreo dos datos base de partida, e esta primavera realizáronse novas mostraxes para completar a información.Á vista dos resultados, confirmouse que a poboación de sapoconchos das dúas charcas de Olveira nas que están asentados amosan síntomas de crecemento. Así, tal e como se expuxo durante a visita, detectáronse 16 exemplares novos en 2022 e outros 6 máis nas mostras realizadas desde abril deste ano. Ademais, a taxa de supervivencia estimada é dun 90% anual, valor que se considera elevado para esta especie. Por este motivo, a conselleira subliñou que os datos recompilados no marco do proxecto para o seguimento do sapoconcho europeo en Corrubedo ?financiado con fondos europeos do Next Generation–UE? permiten concluír que este réptil goza “de boa saúde” no parque natural, ao tempo que puxo en valor a importancia das poboacións existentes en Ribeira para garantir a conservación da especie no conxunto de Galicia. De feito, cómpre lembrar que esta especie ten unha escasa presenza na Comunidade, que se limita aos vales dos ríos Arnoia, Avia e Louro, ademais do parque natural de Corrubedo.O sapoconcho europeo (Emys orbicularis) foi reintroducido no ano 2004 na charca de Olveira, en Corrubedo, por un grupo da Universidade de Vigo (UVigo) liderado polo profesor Adolfo Cordero, o mesmo equipo que agora se encarga de analizar a taxa de supervivencia dos exemplares presentes nesta zona así como a súa estrutura xenética.Nos últimos 20 anos a poboación foi medrando, tal e como permitiron constatar os seguimentos periódicos realizados desde 2010 e que arroxan unha media anual de individuos recapturados de entre 5 e 14. Para facer as mostraxes os expertos da UVigo aplicaron nasas cebadas na charca de Olveira e en dúas próximas máis pequenas. Unha vez capturados, a cada individuo fíxoselle unha ficha completa e procedeuse á súa marcaxe cun transportador integrado pasivo para garantir o seu seguimento a largo prazo. Ademais, tamén se lle tomaron mostras de sangue para facer as análises xenéticas correspondentes e cuxas conclusións serán de utilidade para garantir a súa preservación.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo