• Lunes, 13 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta consolida a súa aposta pola innovación turística na clausura da segunda edición de Turislab

A Xunta consolida a súa aposta pola innovación turística na clausura da segunda edición de Turislab

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:42

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos posta en marcha pola Xunta de Galicia, da que 8 statups chegaron á final.

A segunda edición de Turislab bateu o récord de solicitudes para participar, con 117 aspirantes fronte aos 83 da edición anterior.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou o talento dos emprendedores que puxeron en marcha iniciativas que axudarán a ofrecer solucións e inicativas personalizadas para demandas dos turistas do futuro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas, para optar á liña de apoio de Turismo de Galicia.Durante a celebración deste encontro destacou a potencialidade deste proxecto levado a cabo polo Goberno galego para consolidar o éxito do sector turístico da Comunidade apoiado polas iniciativas dos participantes que tratan de impulsar un sector turístico innovador e competitivo gracias ás empresas que crearon e que pretenden dar solucións e novas alternativas turísticas personalizadas aos viaxeiros.As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade. Durante a súa intervención, Nava Castro lembrou que Turislab naceu nun momento de crise para o sector turístico debido ao impacto da pandemia do coronavirus e coincidindo co ecuador do Xacobeo 21–22, evento que foi unha das puntas de lanza da recuperación do turismo e da economía galega. A directora de Turismo de Galicia incidiu na importancia do turismo para Galicia, xa que ano a ano consolídase como referente para o crecemento económico e a aposta polas novas tecnoloxías. Así, salientou iniciativas como Turislab, que naceu coa pretensión de fortalecer a innovación o sector turístico galego para ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade.Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas por este orden Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar