Xunta de Galicia
Xunta e Concello de Cospeito instan á Deputación de Lugo a traballar todos xuntos na compra e posterior recuperación da Torre de Caldaloba

Xunta e Concello de Cospeito instan á Deputación de Lugo a traballar todos xuntos na compra e posterior recuperación da Torre de Caldaloba
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O delegado territorial abordou co alcalde de Cospeito a comunicación que a Deputación fixo ao Goberno Galego para mercar a metade da torre e a opción legal que ten a Xunta de exercer o dereito de tanteo nos próximos tres meses para comprala na súa totalidade Arias considera “necesario a colaboración leal de todos para garantir o futuro deste BIC”.
A Xunta ofrece, máis aló do convenio asinado en xuño para a compra da torre, financiación para a súa recuperación.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, para analizar a comunicación que o pasado venres fixo a Deputación de Lugo sobre a adquisición da metade da Torre de Caldaloba, e a posibilidade de que o Goberno galego exerza ou non o seu dereito de tanteo nos próximos tres meses, dado que é un Ben de Interese Cultural (BIC), segundo recolle o artigo 49 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia
Arias considera que “a Deputación en vez de ir por libre, debería apostar por facer proxecto único e coordinado que sexa exemplo de cooperación interadministrativa” e insiste en que “para garantir o futuro deste BIC é necesaria a colaboración leal de todos”. Por iso, salientou “ofrecemos ao resto de administracións a posibilidade de sentarnos á mesa para abordar este proxecto conxunto e así garantir o futuro desta parte importante do noso patrimonio”.
De feito, o delegado territorial lembrou que “este trámite xa o realizou o Concello de Cospeito en novembro do ano pasado, cando solicitou autorización á Xunta para adquirir a torre, unha actuación que meses mais tarde levou aparellado a sinatura dun convenio entre o goberno municipal e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, cun orzamento de 100.000?, para a compra da torre”.
De feito, o delegado territorial lembrou que “este trámite xa o realizou o Concello de Cospeito en novembro do ano pasado, cando solicitou autorización á Xunta para adquirir a torre, unha actuación que meses mais tarde levou aparellado a sinatura dun convenio entre o goberno municipal e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, cun orzamento de 100.000?, para a compra da torre”.
Proba do compromiso do Goberno galego pola recuperación e posta en valor deste ben é que “a administración autonómica ofrece, ao marxe do convenio asinado en xuño co Concello de Cospeito, financiación para a súa recuperación e posta en valor".
O delegado territorial tamén lembrou que o Goberno galego xa actuou na Torre de Caldaloba no verán do pasado ano, cando levou a cabo unha serie de traballos de investigación arqueolóxica e levantamento topográfico coa finalidade de favorecer a súa caracterización espacial e funcional e de cara a próximas actuacións arqueolóxicas e de restauración. Tamén se traballou no deseño dunha visita guiada para dar a coñecer os valores deste BIC aos visitantes. Previamente, o Goberno galego realizou unhas importantes obras de consolidación da estrutura de cara a unha futura posta en valor.
A torre é un dos máis de 700 BIC cos que conta Galicia, recoñecemento co que conta desde 1949. Tamén coñecida como Castelo de Vilaxoán, sitúase na parroquia de San Martiño de Pino. É de época medieval e está datado nos séculos XIV–XV, período do que se conserva en pé unicamente a Torre da Caldaloba. Ten unha importante significación histórica debido a súa relación coa revolta dos Irmandiños e co Mariscal Pardo de Cela.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando



