• Lunes, 13 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro

A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 22:45

Alfonso Villares comparte o enfado do sector polo alarmismo xerado e pola inxusta e negativa imaxe que se acaba proxectando sobre a actividade destes profesionais

O operativo formado por máis de 200 persoas traballou hoxe na limpeza e recollida do residuo en areais dunha ducia de concellos, ademais da propia Muxía en Valdoviño, Ares, Sada, Pontedeume, Oleiros, Carnota, Fisterra, Ribeira, O Grove, Cangas e Nigrán

A subida a nivel medio do Plan Camgal busca contar cos recursos do Executivo estatal para recoller o residuo que está a flote no mar e minimizar o que chega á costa

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a mobilización que se produciu entre as galegas e galegos para atallar as consecuencias do vertido de pellets desde que o Goberno central, hai unha semana, lle comunicou por primeira vez á Xunta a magnitude real do incidente. Tanto a nivel social, cun importante movemento de voluntarios, como a través dun operativo autonómico onde máis de douscentos efectivos de Gardacostas de Galicia, axentes medioambientais e as brigadas de Tragsa reforzan o traballo de detección, retirada e limpeza dos materiais nos areais que realizan os concellos. Así o sinalou desde Muxía, onde acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a confraría de pescadores desde onde se lle trasladou o enfado destes profesionais ante o alarmismo xerado, sentimento compartido polo conselleiro, pois da unha imaxe que resulta moi negativa e inxusta para este colectivo de traballadores. Foi unha semana de intensa actividade que contrapuxo cun mes enteiro de inacción por parte do Goberno central, que nada fixo a pesar de ter coñecemento xa o 8 de decembro da perda dos contedores que acabou orixinando a chegada dos pellets ao litoral galego, tamén ao asturiano, o cántabro e que ameaza tamén o vasco e mesmo o francés. O titular de Mar destacou que o Executivo estatal, pese a coñecer o suceso ocorrido ante as costas de Portugal e saber desde o día 20 dese mes a natureza das mercadorías perdidas polo mercante Toconao, nin trasladou esta información á Xunta nin actuou de forma algunha, pese a ter as competencias sobre tráfico de buques e de loita contra a contaminación mariña. A pesar do impacto que podían ter as máis de 26 toneladas de pellets vertidas, o Goberno estatal evitou activar o Sistema Nacional de Resposta ante un Suceso de Contaminación Mariña e demorou a comunicación oficial á Xunta da procedencia das pequenas partículas de material plástico que chegaban aos areais galegos. De feito non o fixo ata o 3 de xaneiro, cando comezou a dispararse a chegada dos sacos e das diminutas boliñas. Desde ese mesmo momento Galicia activou o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) que, en proceso de revisión constante, agora se sube a nivel medio co fin de que o Estado contribúa e se centre na recollida dos residuos no mar, minimizando así os que cheguen á costa. Gardacostas de Galicia, en coordinación co 112, monitoriza os avisos da chegada deste material aos areais e informa aos concellos, administración competente para a súa retirada, ademais de poñer medios propios da Xunta á súa disposición para prestar a axuda necesaria. O titular do Mar sinalou que xa se mobilizaron máis de 200 efectivos para colaborar e reforzar a limpeza da costa. Este operativo traballou hoxe recollendo o residuo en areais dunha ducia de concellos, entre eles a propia Muxía, Valdoviño, Ares, Sada, Pontedeume, Oleiros, Carnota, Fisterra, Ribeira, O Grove, Cangas e Nigrán. Estes efectivos seguirán a traballar en todos os municipios costeiros galegos onde se necesite a súa presencia.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar