• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta aposta pola sustentabilidade e pola mellora de competitividade no eido primario no III Foro de innovación produtiva do sector agrario

A Xunta aposta pola sustentabilidade e pola mellora de competitividade no eido primario no III Foro de innovación produtiva do sector agrario

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:50

A xornada celébrase hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón

Preséntanse un total de 19 proxectos piloto executados ao abeiro da convocatoria do ano 2020, no marco dunhas axudas que o ano pasado contaron cun orzamento de 2,4 millóns de euros

Normal 0 21 false false false Boqueixón (A Coruña), 29 de marzo de 2023 O conselleiro do Medio Rural, José González, inaugurou o III Foro de innovación produtiva do sector agrario, que se celebrou hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. O obxectivo desta cita é presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas pola Consellería do Medio Rural. En total, valoraranse 19 proxectos piloto, para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, aprobados na convocatoria do ano 2020 e que podían desenvolverse ata o ano 2022. O ano pasado esta convocatoria acadou un orzamento de 2,4 millóns de euros Durante a súa intervención, o conselleiro puxo en valor a imperante necesidade de impulsar a innovación no sector produtivo primario da nosa Comunidade, o que permitirá mellorar a competitividade neste eido. Tamén definiu este foro como un “seo de ideas”, que se poderán materializar en proxectos que encaixen coas demandas e necesidades do sector.Neste sentido, destacou tamén outras iniciativas que se están levando a cabo dende a Xunta para impulsar os principais eidos produtivos do agro galego, como as estratexias de dinamización dos sectores lácteo, cárnico e vitivinícola; así como a súa aposta por garantir a remuda xeracional para fixar poboación no rural galego a través da convocatoria que tamén apoia os coñecidos como plans de mellora e a creación de pequenas explotacións, que acadou un orzamento de 38,8 millóns de euros este ano, a potencionalidade da Lei de recuperación da terra agraria ou da futura Lei da calidade alimentaria. Deste xeito, un comité de selección, presidido polo director xeral da Axencia da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, avaliará ao longo do día diversos proxectos que foron presentados polos seus promotores nun formato áxil (dispoñen dun máximo de dez minutos), para seleccionar ata tres que merezan unha mención especial pola súa clara vocación de transferencia cara ao sector agroalimentario galego. É dicir, co fin de trasladar ao eido produtivo as innovacións e melloras que precisa para incrementar a súa competitividade. Ademais, os promotores teñen a esixencia de identificar, en cada proxecto, os obxectivos de desenvolvemento sustentable aos que dá resposta e explicar de que maneira estas iniciativas poden contribuír ao crecemento da actividade produtiva dende un punto de vista social, económico e ambiental. Para avalialos teranse en conta algunhas cuestións como o seu ámbito territorial, o problema que se pretende resolver ou a mellora que se busca, a aplicabilidade ao sector produtivo do rural galego e os obxectivos de desenvolvemento sostible que resolve, entre outros. Entre as iniciativas participantes neste foro atópanse varias vinculadas ao desenvolvemento de produtos novidosos para a obtención de produtos cárnicos, a posta en valor de produtos galegos a través da cociña retornada e incluso a elaboración sostible de paneis para xardinería vertical, entre outros.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar