• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta apoia a sete establecementos turísticos de Ferrol, Narón, Ares e Pontedeume na obtención ou renovación da marca Q de calidade turística

A Xunta apoia a sete establecementos turísticos de Ferrol, Narón, Ares e Pontedeume na obtención ou renovación da marca Q de calidade turística

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:10

A delegada territorial, Martina Aneiros, deu conta da resolución da convocatoria cuxo importe conxunto na comarca ascende a preto de 5.000 euros


Viajes Galitur, Gran Hotel de Ferrol, Finisterrae Ferrol e Viaxes Paco, de Ferrol; Viaxes Narón; Club Náutico Ría de Ares, e Cantina do Río Covés, en Pontedeume, son os beneficiarios

Un total de sete establecementos e servizos turísticos dos concellos de Ferrol, Narón, Ares e Pontedeume resultaron beneficiarios da liña de axudas de Turismo de Galicia para a certificación, seguimento ou renovación das correspondentes normas UNE co obxecto de obter ou manter a marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística de Española (ICTE). A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu conta da resolución destas achegas cuxo importe conxunto ascende a preto de 5.000 euros, con contías que oscilan entre os 435 e os 844 euros. Viajes Galitur, Gran Hotel de Ferrol, Finisterrae Ferrol e Viaxes Paco, de Ferrol; Viaxes Narón; Club Náutico Ría de Ares, e Cantina do Río Covés, en Pontedeume, son os beneficiarios.A representante da Xunta puxo en valor o traballo levado a cabo nos últimos anos por mellorar a calidade turística nas infraestruturas e establecementos turísticos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e na conservación do patrimonio e do Camiño Inglés. “Un itinerario que hoxe en día podemos dicir que abandeira a identidade turística desta cidade e da súa comarca, que gaña adeptos cada ano e peso entre as rutas xacobeas”, indicou.Martina Aneiros destacou que a calidade “é un elemento transversal no modelo turístico galego no que a Xunta leva traballando desde hai anos, o que permitiu que Galicia estea nos primeiros postos da excelencia turística a nivel nacional”. A este respecto lembrou que a comunidade galega ocupa o segundo posto en número de Q de Calidade, só por detrás de Andalucía. A Xunta de Galicia dotou a presente convocatoria dun orzamento de 170.000 euros tanto para a liña dirixida aos concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, como para a destinada ás persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos, que deberán ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Misioneros por el mundo

Misioneros por el mundo

Con Asell Sánchez-Vicente

Ver TRECE