• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para o fortalecemento do sistema de saúde no distrito de Alkahera no Iemen

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para o fortalecemento do sistema de saúde no distrito de Alkahera no Iemen

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:35

A intervención permitirá apoiar dous centros de saúde para reforzar a subministración de medicamentos específicos para enfermidades crónicas e garantir atención médica á poboación

Investiranse 10.000 euros co obxectivo de beneficiar 2.333 persoas, na súa meirande parte desprazadas internas

A Xunta vén de activar o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para o fortalecemento do sistema de saúde no distrito de Alkahera no Iemen.A intervención, orzamentada en 10.000 euros, realizarase da man da asociación Development Hodeida Girls Foundation (SDHGF) na cidade de Taiz, a terceira máis grande do país.Así, dáselle continuidade a unha iniciativa previa levada a cabo en 2021 para apoiar a dous centros de saúde. O obxectivo é reforzar a subministración de medicamentos específicos para enfermidades crónicas e garantir a atención médica á poboación. Prevese beneficiar a 2.333 persoas, na súa meirande parte desprazadas internas. Con 30,8 millóns de habitantes, no Iemen preto do 76% da cidadanía precisa dalgún tipo de asistencia humanitaria, segundo os últimos datos de ACNUR. A poboación civil vese afectada por anos de conflito bélico, enfermidades, inseguridade alimentaria e un severo declive económico que está a levar ao país a unha situación de colapso dos servizos esenciais. A escaseza de recursos humanos, equipos e subministracións está a obstaculizar a prestación de servizos de saúde, con especial impacto na atención a mulleres e menores. A intervención no Iemen execútase ao abeiro do convenio asinado este ano con Farmamundi. Dende o ano 2009 ata agora asináronse 12 acordos anuais de resposta ante emerxencias con esta organización, por un monto de 839.044 euros.O obxectivo é realizar as actuacións que ambas partes establezan, de cara a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar