• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Trenor anuncia a licitación por máis de 282.000 ? das obras do by-pass no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, en Carballo

Trenor anuncia a licitación por máis de 282.000 € das obras do by-pass no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, en Carballo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 14:25

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou a zona na que se vai a levar a cabo esta actuación que se inclúe dentro das obras previstas para reducir o risco de inundacións neste río e ás que se destina un investimento global de 3 millóns de euros

Trenor destacou que este tipo de actuacións apostan pola naturalización do leito e polas infraestruturas verdes, fronte a solucións máis duras que afastan máis os ríos do estado natural

A Coruña, 23 de maio de 2022O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou esta mañá a licitación, por importe de 282.300 euros, das obras do by–pass no río Anllóns, na zona do Muíño do Quinto, en Carballo. Trenor explicou que o proxecto ten como obxecto mellorar a capacidade hidráulica do río ao seu paso polo emprazamento de Muíño do Quinto. As obras consisten na apertura dunha canle trapezoidal que permita derivar caudal en períodos de avenida. Executarase a súa rasante lixeiramente máis elevada respecto á canle, de maneira que en réxime natural o río circule polo seu leito pero que, cando se produza un desbordamento, a auga poida ser canalizada pola canle de derivación que se vai executar. O delegado da Xunta explicou que para poder levar a cabo esta actuación é necesario crear un paso transversal da auga baixo a calzada que atravesa a canle. Este aspecto resolverase coa construción dun marco in situ de formigón armado. Ademais, a senda fluvial tamén se verá afectada pola apertura da canle, polo que se proxecta a construción dunha pasarela de madeira de 10 metros de luz que dea continuidade ao trazado. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a publicación deste contrato, establecendo ata o vindeiro 28 de xuño de prazo para que as empresas interesadas en executar as obras poidan presentar as súas ofertas. Máis concretamente, o proceso construtivo consiste, primeiramente, en realizar o marcado da zona expropiada e levar a cabo as tarefas de roza e retirada de elementos que se atopen situados na zona de traballo. Unha vez preparada a zona de obra, comezarase co movemento de terras executando a canle do by– pass, tanto augas arriba como augas abaixo, mantendo o camiño asfaltado en servizo ata o fina, xa que esta calzada servirá de zona de paso para a maquinaria durante as obras. Paralelamente, irase executando a pasarela de madeira que dará continuidade á senda fluvial que transcorre pola marxe esquerda do río Anllóns, xunto coa senda fluvial que será necesario repoñer. Unha vez finalizado o movemento de terras, actuarase na calzada. Demolerase o pavimento e realizarase a escavación ata a cota de cimentación. Realizarase o saneo da zona de apoio, colocarase o xeo téxtil e o formigón de limpeza sobre a que asentarán os marcos. O marco executarase in situ e unha vez finalizado, disporanse os recheos do trasdós, estenderase o pavimento e colocaranse os elementos de sinalización, balizamento e defensas. Inclúese ademais, unha partida de estendido de zahorra para a reposición dun camiño municipal que dará acceso ás parcelas que verán interrompido o seu acceso pola construción da canle. Trenor explicou que a actuación suporá un investimento global superior aos 331.300 euros, tendo en conta as expropiacións necesarias para a realización dos traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses. O delegado da Xunta tamén destacou que esta é unha das actuacións prioritarias para reducir o risco de asolagamentos no río Anllóns, en Carballo, que suporán un investimento autonómico global de 3 millóns de euros e que serán posibles grazas ao convenio asinado entre a Xunta e o Concello no marco do Plan de xestión específico do risco de inundacións.Neste sentido, lembrou que o primeiro proxecto a licitar é o relativo á realización do bypass no río Anllóns, na zona de Muíño do Quinto. Ademais, estase a traballar na redacción dos proxectos das outras actuacións que se consideran máis prioritarias, como son a demolición dunha edificación, remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a mellora integral do parque San Martiño, coa construción de motas de protección fronte ás avenidas; a reparación da ponte da rúa Fomento, coa mellora do leito e as motas de contención augas abaixo da ponte; e a mellora hidráulica do río ao seu paso polo enlace entre a AG–55 e a AC–552, na rúa da Cepeira, en Sísamo.A maiores, Augas de Galicia tamén traballa na redacción do proxecto de demolición da ponte de San Martiño e da nova ponte da rúa Deza á rúa San Xoán Bautista, se ben esta actuación non está recollida expresamente no marco das actuacións iniciais previstas pola Xunta.Estas medidas enmárcanse no Plan de xestión específico do risco de inundacións para o río Anllóns en Carballo, que recolle unha serie de actuacións, paliativas e preventivas, de aplicación por Augas de Galicia e o Concello.Estas obras apostan pola naturalización do leito do río e polas infraestruturas verdes, fronte a solucións máis duras baseadas na construción de infraestruturas que afastan aínda máis os ríos do seu estado natural. As accións de prevención van encamiñadas ao mantemento do leito, a unha axeitada ordenación urbanística ou, por exemplo, a instalar un novo punto de predición do sistema de alerta temperá na conca do río Anllóns e dunha estación de aforo para medir os caudais.As obras previstas no convenio serán cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder 2014–2020.A Xunta segue apostando pola colaboración entre todas as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ás inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias, tendo en conta o contexto de cambio climático, no que estes episodios extremos son cada vez máis frecuentes. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar