• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda eloxia o papel da Policía Local á hora de construír unha Galicia máis segura para vivir, traballar e visitar

Rueda eloxia o papel da Policía Local á hora de construír unha Galicia máis segura para vivir, traballar e visitar

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:10

Agradeceu o compromiso e a dedicación dos axentes nun corpo que “case sempre é o primeiro en acudir a situacións de emerxencias”

Destacou o apoio do Goberno para proporcionar unha boa formación e unhas infraestruturas adecuadas, así como as medidas tomadas para favorecer que Galicia sexa unha das comunidades máis seguras de España

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aproveitou a recepción desta mañá aos novos alumnos do curso académico de Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para eloxiar o papel do corpo á hora de conformar unha Galicia máis segura para vivir, traballar e visitar.O titular do Executivo galego, acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, deulle así a benvida oficial aos novos axentes que comezaron recentemente coa súa formación nas instalacións da Estrada.Durante a cerimonia de inauguración, Rueda gabou o compromiso e a dedicación dun corpo de seguridade que “case sempre é o primeiro en acudir a situacións de emerxencias”. Neste sentido, agradeceu a súa implicación para facer de Galicia unha das comunidades máis seguras de España. A comezos do mes de marzo iniciaron a súa formación preto de 80 novos policías locais e outros 25 axentes para promocionar ao posto de oficial. O presidente destacou a importancia de recibir unha boa instrución e contar coas infraestruturas e medios adecuados, como no caso da Agasp, onde se ofrece “a mellor formación que se pode recibir en calquera comunidade autónoma”.“Avanzouse moi rápido en moi pouco tempo”, afirmou Rueda en referencia aos avances conseguidos na instrución dos corpos de seguridade. “Actualmente, case 90 concellos delegan na Xunta a selección dos seus policías locais, o que garante para os opositores que van recibir unha mellor formación e a opción de elixir os seus destinos”, destacou.Neste 2023 cúmprense 30 anos desde o primeiro curso de formación para policía local que se impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública. Desde o 1993 pasaron polas instalacións da Estrada máis de 1800 axentes e promocionaron preto de 550.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

JJOO - Baloncesto Masculino: España-Australia

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar