• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias felicita aos gañadores dos primeiros premios Gastro Movida Summit: os Estrella Michelin Rafa Centeno e Alberto Prelcic, o sumiller Juanjo Treus, Vigo Gastronómico e Artesa

Fernández-Tapias felicita aos gañadores dos primeiros premios Gastro Movida Summit: os Estrella Michelin Rafa Centeno e Alberto Prelcic, o sumiller Juanjo Treus, Vigo Gastronómico e Artesa

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:30

A delegada da Xunta en Vigo participou na clausura do evento que serviu como apoio á gastronomía local e galega

“Foi un excelente catalizador da industria da gastronomía viguesa e supón unha importante promoción da cidade como destino turístico”

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Vigo, 29 de novembro de 2022 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, participou este martes na clausura do Gastro Movida Summit ? Xacobeo 21–22 e felicitou aos gañadores dos primeiros galardóns do evento que converteu á cidade en “epicentro” da gastronomía. Durante a gala de peche celebrada na sede do Real Club Celta, os organizadores entregaron os primeiros galardóns aos cociñeiros vigueses con Estrella Michelin, Rafa Centeno e Alberto Prelcic; ao sumiller Juanjo Treus, ao colectivo Vigo Gastronómico e á empresa Artesa.A cita reuniu a máis de 30 establecementos de Vigo arredor da cociña grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Plan Xacobeo. O luns houbo un percorrido en barco pola ría de Vigo para coñecer o produto local e a pesca artesanal e este martes celebrouse o congreso con mesas redondas e charlas.No evento Gastro Movida Summit participarán restaurantes como Silabario, O Croque, Niño Corvo, Kero, Pintxoteca, María Manuela, Lume de Carozo, Mijo, Nero ou Nikko Gastronómico. Tamén estiveron as escolas de cociña Manuel Antonio e Harina Blanca, ademais da colaboración das marcas Coca–Cola e Gadis. Artesa: Recoñecemento a máis de 15 anos traballando produto galego de máxima calidade nas Rías Baixas en xeral e na Ría de Vigo en particular. Empresa que pon en valor os produtos do mar. É un dos mellores embaixadores da nosa ría xa que os seus produtos chegan ás mesas dos mellores restaurantes do España.Vigo Gastronómico: Recoñecemento a unha iniciativa que pretende poñer en valor á restauración de Vigo e así ser un impulso para a cidade.Alberto González Prelcic: Recoñecemento a un cociñeiro que achegou valor á cidade coa súa proposta Silabario, chegada da man do R.C. Celta na Sede, e que mantén a súa Estrela Michelin un ano máis.Juanjo Treus: Recoñecemento ao traballo de sala nos restaurantes en xeral e Vigo en particular. Formou a moitos dos mellores summillers que agora están nos mellores restaurantes. Como presidente dos sumillers de Galicia forma a diario aos que van ser os embaixadores dos nosos viñedos no mundo.Rafa Centeno:Recoñecemento á constancia e a manter durante máis de 10 anos a Estrela Michelín, que recoñece unha proposta de alta cociña na nosa cidade. No seu restaurante Maruja Limón e agora tamén en Centeno (CC Vialia Vigo). É un dos referentes en Galicia e leva o nome de Vigo a través da súa proposta e coa Ría de Vigo como despensa de km 0.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar