O Adro Vello: o complexo arqueolóxico que empeza a rexurdir no Grove

A xunta rematou a primeira fase de escavacións na zona arqueolóxica

ctv-15n-adro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta de Galicia vén de rematar a primeira fase de escavación na zona arqueolóxica de Adro Vello, no concello do Grove, coa datación das estruturas xa escavadas e a súa asociación ás diferentes etapas de ocupación deste espazo declarado Ben de Interese Cultural. Trátase dunha intervención impulsada polo Goberno galego cun investimento de 200.000€ que se leva a cabo coa colaboración da Universidade de Vigo e que continuará no mes de setembro con novas tarefas de conservación e estabilización.

Estes primeiros traballos que acaban de rematar centráronse na escavación e posta en valor do xacemento co fin de determinar con maior exactitude a súa cronoloxía e funcionalidade. Así, segundo o equipo dirixido polo arqueólogo do Campus de Ourense Adolfo Fernández, cos primeiros resultados conseguiuse determinar que existen restos de moitas fases de ocupación que van desde o século I ata o XVIII. "Temos unha fábrica de salga de época romana, do século I despois de Cristo, que despois é abandonada e sobre a que se constrúe unha casa baixoimperial tardoromana que vai ocupar o espazo ata probablemente o século V ou VI", explica.

A partir de aí, tal e como engade o arqueólogo, "o espazo doméstico e produtivo transfórmase nun lugar eclesiástico, de época altomedieval ata o século XI ou XII, cando debeu ser medio abandonado". Finalmente, construiríase a igrexa parroquial de San Vicente do Grove, unha das estruturas máis chamativas do xacemento e que data do século XIII ou XIV e que posteriormente se traslada a onde se atopa hoxe.

Moedas e restos de cerámica Ademais, no transcurso desta intervención tamén saíron á luz restos como cerámica, unha moeda ou un coitelo cun mango feito de oso que poñen de manifesto a importancia histórica, arqueolóxica, científica e cultural deste espazo único en Galicia que resulta clave para comprender o pasado e presente da comarca do Salnés.

Así, co fin de dar a coñecer entre a cidadanía os resultados que se van acadando, mañá xoves celebrarase ás 11,00 horas un obradoiro de mosaicos para cativada de 6 a 11 anos e unha visita teatralizada que terá lugar a partir das 20,00 horas.

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Último boletín

18:00H | 25 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking